Edición Setembro 2015: "QGIS básico" en Lugo

Galician

Descarga o cartel informativo en PDF aquí.

DATAS

28 de setembro a 1 de outubro

MODALIDADE E HORARIO

15 h en modalidade telepresencial (por videoconferencia) ou presencial. Máis información sobre a modalidade telepresencial aquí
NOTA IMPORTANTE: Nesta edición e para compatibilizar o horario cos alumnos do Masterterra o curso será de 10:00 a 14:00h

LUGAR

Tags: 

O SIT imparte un taller práctico no curso de verán “Qué facer coa terra que temos? Desafíos da propiedade e uso da terra en Galiza”

O curso tivo lugar entre o 1 e o 4 de setembro en Lugo e combinou conferencias e sesións expositivas con talleres máis aplicados.

Despois das prácticas de construción de escenarios futuros e alternativas e instrumentos de xestión de terras, o SIT clausurou o día 3 de setembro estas sesións cun taller de “Uso práctico de diferentes plataformas e fontes de información”.

Galician

Edición xuño 2015: "ArcGIS básico" en Santiago

Galician

Descarga o cartel informativo en PDF aquí.

DATAS

29 xuño a 2 de xullo

MODALIDADE E HORARIO

15 h presenciais,
NOTA IMPORTANTE: Por cuestións de regulamento interno nos horarios dos centros da USC nos meses estivais, o curso muda de horario e en vez de de luns a xoves de 18 a 21:45h horas, será impartido de 16 a 19:45h

LUGAR

O SIT imparte unha serie de cursos de SIX orientado a incendios forestais para a Xunta de Galicia

Durante o mes de abril o SIT participa en varios de cursos de SIX orientados á prevención e análise de incendios forestais para a administración autonómica.

A acción formativa, titulada “Aplicacións de sistemas de información xeográfica - ­ARCGIS”, está organizada en colaboración coa Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural e do Mar. Consta de catro edicións a celebrar en Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago durante o mes de abril e ten unha dotación de 30 prazas por curso.

Galician

Pages