Matriculación
1. Cursos presenciais e telepresenciais
Para matricularte nos cursos presenciais sigue as instrucións específicas da convocatoria. Habitualmente soe tratarse dunha inscrición a través de formulario online ou por correo electrónico a formacionsit@usc.es. Xeralmente a información que necesitarás proporcionar é:
- Nome do curso (software e nivel) que che interesa: Ex. “gvSIG básico”
- O teu nome e DNI/NIE ou pasaporte
- Data e lugar (Lugo/Santiago): ex. “gvSIG básico, 18-15 noviembre, Lugo”
- Finalmente, si es membro de la USC, indícanos cal é a túa vinculación (Estudante, PAS, PDI, etc.)
Unha vez recibido o teu correo, confirmaremos a túa preinsicrición e uns días antes do comezo do curso recibirás información sobre como realizar o pago e rematar os trámites. Tamén será o momento no que necesites aportar documentación xustificativa, si tes dereito ó desconto por ser membro da USC. Consulta o apartado de FAQs para máis información a este respecto.
2. Cursos online
Para matricularte en calquera dos nosos cursos virtuais sigue estes pasos.
-
Rexístrate como usuario na Aula Virtual do SIT. Busca os enlaces de “Entrar” que encontrarás na esquina superior dereita da páxina ou ó fondo da mesma.
-
Realiza o pago por algunha destas dúas vías (Recorda aplicar o desconto do 40% e imprimir en calquera dos dous casos o xustificante de pago para enviar ó docente por correo electrónico):
-
A web de Autoliquidación da USC. Esta modalidade permite o pago con tarxeta (Visa, Mastercard) ou banca electrónica no caso de clientes de NCG (NovaGalicia Banco). O Concepto é "Cursos SIT2.
-
Por transferencia bancaria: O “Concepto” que debe figurar na transferencia será "SIT+nome do curso". Ó igual que nos demáis, precisamos o comprobante ou xustificante da transferencia. Os datos da conta bancaria son estes:
-
Solicita a matrícula por correo electrónico, enviando a formacionsit@usc.es o resgardo de pago e indicando o curso no que te acabas de matricular. Si es membro da USC adxunta tamén a documentación que o acredita. Consulta o apartado de FAQs para máis información sobre esta cuestión.
-
Unha vez recibida a documentación, activaremos o teu usuario e recibirás o teu contrasinal. Dende ese momento poderás acceder xa ós contidos do curso. Aínda que o tempo estimado de traballo é de 20 horas, disporás de tres meses para rematar os exercicios e recibir o teu diploma acreditativo.
CCC | 2091 0300 44 3110000482 |
IBAN | ES 54 2080 0300 843110000482 |
Titular | Universidad de Santiago de Compostela |
Temario:
En canto ós contidos revisa o apartado de "Niveis”.
Voltar ó Índice