Cursos a medida
No SIT axustámonos ás túas necesidades e organizamos,
Talleres temáticos por exemplo de
- Elaboración e explotación de modelos dixitais de terreo, mapas de orientacións, pendentes.....
- Elaboración de cartografía temática
- Cálculo de redes hidrográficas, transportes, enerxía, migracións....
- Consulta e explotación de bases de datos
Cursos adaptados a áreas de coñecemento ou funcionalidades específicas tales como,
- Xestión urbanística
- Medioambiente
- Ordenación territorial
- Ciencias sociais
- Ciencias da saúde
Estes cursos poden organizarse en calquera das tres modalidades (presencial, online, telepresencial/videoconferencia) e o SIT pon a disposición do cliente toda a súa infraestrutura; equipos informáticos portátiles e aula virtual para cursos online e telepresenciais.
A parte da liña regular de cursos ofertados, ofrecémosche dúas opción máis de formación:
-
Facer unha convocatoria propia dun curso regular, para o que se esixe un mínimo de 5 alumnos. Neste caso ti estableces o calendario e horario, segundo a dispoñibilidade do SIT.
-
Configurar o teu curso a medida no que podes decidir:
- Calendario. A estrutura do curso en canto a datas e horario.
- Duración. Para unha correcta asimilación e aproveitamento de contidos, a duración mínima recomendada é de 25-30 horas, sobre todo si son cursos de iniciación.
- Formato: modalidade presencial, online, telepresencial ou mixto.
- Plataforma online: Os cursos online pódense impartir a través da plataforma propia do SIT, ou ben da túa propia. Explora a Aula Virtual do SIT para facerte unha idea. Na sección de Cursos a distancia dispós de un curso DEMO de acceso libre para que poidas probar a dinámica de un curso neste tipo de modalidade.
- Prazas: recoméndase un máximo 20 alumnos por quenda para poder atender de xeito adecuado as necesidades de cada asistente.
- Infraestrutura: O SIT dispón de equipos portátiles para a realización dos cursos.
- O temario: Como orientación podes basearte nos contidos que tes dispoñibles no apartado de Niveis ou ben configurar o teu propio itinerario e propoñer novos temas. En tódolos casos o contido do curso adáptase á temática que indiques.
Non dubides en poñerte en contacto con SIT para obter o máximo rendemento do teu presuposto. Consúltanos sen compromiso.