Cursos avanzados

No caso dos cursos avanzados o traballo do alumno é moito máis autónomo e céntrase boa parte del na edición, xeración e cálculos con ráster, que apenas se ven no curso básico pola súa complexidade.

Para asistir as edicións avanzadas non é obrigatorio que o alumno fixese previamente o curso básico. Si as temáticas abordadas no curso básicos che son familiares (non fai falla un coñecemento experto), poderás seguir sen ningún problema o curso avanzado.

Ademáis os cursos non son estancos, e ó tratarse de grupos reducidos é posible revisar e repasar conceptos ou cuestións básicas que sexan imprescindibles durante o traballo nos cursos avanzados.

Ó igual que nos básicos, os contidos teóricos son breves e concisos e orientados a que o alumno poida familiarizarse rápidamente coas temáticas e ferramentas desenroladas. Estas son as unidades que compoñen os cursos básicos de SIX:

Temario

  1. Xestión e edición de capas ráster: A primeira unidade do curso avanzado céntrase no coñecemento e tratamento en detalle dos datos ráster: Simbolizado e táboas de color, estatísticas básicas de capa, histogramas de valores, recorte e reclasificación e operacións entre capas (calculadora ráster).

  2. Análise de relevo: Nesta unidade centrarémonos nunha das dos análisies SIX máis versátiles, xerando curvas de nivel, pendentes, orientacións, concas visuais, perfiles.... resultados de gran utilidade na xestión e ordenación territorial, riscos, localización óptima de infraestruturas, etc.

  3. Xestión de datos tabulares: Se nos cursos básicos aprendes a preparar capas vectoriais, nesta unidade avanzada verás como acoplar datos tabulares externos ós atributos, mediante as funcións de unión e enlace de táboas. Tamén verás cómo crear capas de eventos, é dicir, a partir de táboas ou listados con coordenadas, crear capas vectoriais.

  4. Interpolación: As funcións estatísticas de interpolación permiten a creación capas ráster a partir de puntos e liñas. Son o cálculo básico por exemplo para crear mapas meteorolóxicos a partir de datos estacionais, mapas de ruído ou solo a partir de catas ou medicións puntuais, etc. Nesta unidade explorarás os diferentes métodos e verás técnicas de avaliación e comparación de modelos.

  5. Xeoreferenciación de imaxes: Trátase de situar imaxes ráster na súa ubicación xeográfica correcta e aplícase sobre todo a planos escaneados ou imaxes xeográficas que carecen de localización.

  6. Clasificación automática de imaxes: Na última unidade veremos procesado de imaxes para facer unha xeneralización de píxeles. Por exemplo para a partir dunha imaxe satélite ou aérea, xerar un mapa de usos.

Voltar ó Índice