Cursos básicos

Os cursos básicos do SIT son abordables por calquera persoa, independentemente da súa formación ou bagaxe profesional. Polos nosos cursos presenciais pasaron enxeñeiros de practicamente tódalas disciplinas: licenciados en arte, empresariais, ciencias mariñas, biólogos, historiadores, químicos, farmacéuticos, sociólogos, veterinarios, médicos, arqueólogos, informáticos, etc. Polo tanto si algo temos presente é que o perfil da persoa que busca aprender SIX é moi dispar. O único punto e común é que a información coa que traballan necesita representarse ou analizarse xeograficamente.

Poida que teñan xa coñecementos de outros programas SIX ou CAD, ou poida que nin saiban o que é un programa CAD e non teñan moi claro o alcance e potencialidade dos programas de SIX. Por iso os cursos básicos están pensados para que, sexa cal sexa o punto de partida, o alumno poida finalizalos con éxito e aproveite os contidos na medida das súas posibilidades e necesidades.

A misión do SIT polo tanto é guiar os primeiros pasos en SIX e proporcionar unha base a partir da cal o alumno obteña o maior proveito do programa escollido e sexa capaz, unha vez rematada a formación, de realizar as súas propias análises e traballos.

Os temarios e contidos a impartir son os mesmos tanto na modalidade presencial, como online ou telepresencial.

Temario

Posto que se trata de cursos básicos, á hora de preparar este material tivemos presente dúas cuestións:

  • Que as necesidades e perfiles profesionais/formativos dos nosos alumnos son moi diversos
  • Que queres traballar con SIG e non só aprendelo.

Aínda que sempre é necesario un coñecemento mínimo de conceptos teóricos para abordar calquera curso práctico ou emprender unha nova disciplina, consideramos que a mellor forma de aprender SIX é traballando. Polo tanto os contidos teóricos nestas edicións son breves e concisos, orientados a proporcionarche as nocións básicas que che permitan empezar a traballar. Progresivamente, a medida que poñas en prácticas os coñecementos, os conceptos iranse afianzando e será moito máis fácil asimilalos.

De feito, na maioría dos casos, esta teoría céntrase en conceptos xerais aplicables a calquera programa de SIX, que se acompañan dunha breve descrición de onde se encontran os comandos ou funcións no programa en cuestión.

Estas son as unidades que compoñen os cursos básicos de SIX:

  1. Visualización e consulta de datos: Neste primeiro exercicio tomarás contacto co programa. Coñecerás a súa estrutura e a mecánica básica de traballo. Aplicarás simbolizados e etiquetados e realizarás as túas primeiras consultas e filtros sobre os datos.

  2. Os datos xeográficos. Esta unidade aborda tres aspectos fundamentais e que van máis alá da mera aplicación SIX.

    • Fontes de datos xeográficos: Principais páxinas e repositorios para descarga de información xeográfica e servizos de visualización online (WMS).
    • Tipos e formatos de datos.
    • Os sistemas de coordenadas.
  3. Edición: Ata este punto do curso traballarás con información xeográfica xa preparada. Nesta unidade aprenderás a crear, modificar e preparar a túa propia información xeográfica.

    • Xeometrías: debuxo, eliminación e modificación de xeometrías.
    • Táboas: cumprimentación de atributos, cálculo de propiedades xeométricas (áreas, coordenadas,...) etc.
  4. Xeoprocesamento: Una vez temos los datos, o siguinte paso e realizar análise espacial, é dicir, a partir de la información de partida, xerar novo coñecemento. Nesta unidade verás as principais ferramentas de análise espacial (recortes, bufferes, unións,...): a súa mecánica, funcións e vantaxes e inconvintes de cada proceso.

  5. Mapas e saídas gráficas: Neste último tema verás cómo montar planos, mapas, fichas ou saídas gráficas de calquera tipo. É dicir, prepararás a información para imprimir e facela accesible a usuarios que non dispoñen dun programa de SIX.

  6. Exercicio Final: Este último tema, o máis valorado polos nosos alumnos, simula un caso práctico real, no que a partir duns datos de partida, se pide ós alumnos que obteñan unha serie de datos e xustifiquen cada paso ou escolla de ferramentas que realizan. Serán necesarios tódolos coñecementos adquiridos durante as cinco unidades anteriores e o obxectivo é que o alumno aprenda a “pensar” en SIX, de xeito que se facilite a transición cara a súa actividade despois do curso.

Voltar ó Índice