Cursos telepresenciais
Impártense a través da plataforma BigBlueButton (BBB) e a súa dinámica é equivalente ós presenciais. BBB é unha plataforma avanzada para cursos a través de videoconferencia, no que o concepto de aula se consegue mediante webcams de tódolos participantes e profesor, de xeito que poden verse e comunicarse. Os alumnos visualizan o proxector e o ordenador do docente, atenden as súas explicacións, realizan os exercicios propostos e comparten resultados e experiencias cos demais alumnos, coa vantaxe de non ter que desprazarse fisicamente á aula e resolver dúbidas e problemas en directo. Para asistir a estes cursos é indispensable dispoñer de webcam e micrófono para comunicarse coa sala.
Tamén, aínda que non é imprescindible, para realizar cursos a través de BigBlueButton recoméndase unha pantalla grande ou monitor adicional (no caso de portátiles) que facilite a visualización a un tempo da plataforma e do programa de SIX de traballo.
Prezos:
Salvo edicións específicas ou a medida os cursos de SIX telepresenciais ou mixtos (telepresenciais + online) teñen os seguintes prezos:
Duración | Prezo | Prezo con desconto 40% |
15 horas | 150€ | 90€ |
15h telepresenciais + 5 h online | 175 € | 105 € |
Ó igual que os demais, son abertos tanto a membros da Universidade de Santiago de Compostela como a alumnos alleos a dita institución. Si es membro da USC tes dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. Consulta as condicións no apartado de FAQs.
Voltar ó Índice