Cursos online
Actualmente en modalidade online podes realizar os cursos básicos de ArcGIS, gvSIG e QGIS e tamén gvSIG avanzado. Esta formación impártese a través da nosa Aula Virtual do SIT, que emprega a plataforma libre Moodle de aprendizaxe en liña.
Si queres podes acceder e explorar o curso DEMO en aberto de ArcGIS - gvSIG - QGIS para ver a tipoloxía de contidos, funcionalidades e dinámica da plataforma.
Estas son algunhas das vantaxes e características desde cursos:
- Metodoloxía moi sinxela: Para cada tema existe un pequeno documento de teoría e outro de exercicios guiados paso a paso. Ademais en cada unidade terás un enlace no que debes adxuntar os arquivos ou cuestionarios resoltos que se soliciten para a súa avaliación e corrección (No curso demo tes unha mostra dos materiais que te podes descargar)
- Por suposto, existe soporte de dúbidas e consultas e estas non teñen que estar restrinxidas á resolución explícita dos exercicios. Calquera curiosidade sobre o programa, algún cálculo ou fonte de datos, etc. será atendida tamén.
- O tempo estimado de adicación ó curso é de 20 horas e a matrícula esta aberta 365 días ó ano, polo que podes inscribirte en calquera data. Unha vez formalizado o trámite tes tres meses para rematar os contidos. Esto permite axustar o ritmo de traballo e avanzar sen presións, e polo tanto asimilar mellor os contidos e aproveitar ó máximo o material.
- Despois do curso: Ó igual que nos cursos presenciais, unha vez remates a túa formación, durante os seguintes meses seguiremos co soporte de dúbidas e problemas, para facilitar a transición do curso á túa actividade real.
- Esta liña de formación é aberta tanto á comunidade universitaria da USC como a alumnos alleos a dita institución. Si es membro da USC tes dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. Consulta as condicións no apartado de FAQs.
Temario:
En canto ós contidos e temarios revisa o apartado de "Niveis e temarios”.
Os cursos online teñen os seguintes prezos:
Duración | Prezo | Prezo con desconto 40% |
---|---|---|
20 horas | 110 € | 66 € |
Voltar ó Índice