FAQs – Preguntas frecuentes

¿Necesito coñecementos mínimos en algunha materia?

Salvo nos cursos avanzados, non precisas ter coñecementos de SIX, nin doutras materias. Os cursos están deseñados para que aqueles que nunca traballaron con información xeoespacial ou sen coñecementos de SIX saquen proveito dos cursos.

¿Teño que estar vinculado á Univ. de Santiago de Compostela?

Non. Os cursos están abertos a calquera persoa interesada, sexa ou non da Univ. De Santiago de Compostela. Si pertences á USC tes un desconto do 40% no prezo da matrícula.

¿Quén ten dereito ó desconto do 40%? ¿Qué documentación debo aportar?

Os membros da Univ. De Santiago de Compostela teñen dereito a un desconto do 40% nos cursos regulares presenciais, online e telepresenciais do SIT e este feito debe acreditarse documentalmente.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI ou contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido.

Unha matrícula do curso vixente de algunha titulación da USC, un contrato, unha copia do expediente será suficiente para acreditar a vinculación con dita universidade. Si non estás matriculado pero realizas unha estancia temporal ou un traballo final de carreira, grao, máster, tese etc, será necesario un escrito firmado polo teu director/coordinador no que se indique o departamento/laboratorio co que estás vinculado así como o título do teu traballo.

A relación coa USC e polo tanto a documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

Os estudantes da USC poden descargar unha copia da matrícula en pdf dende a Secretaría virtual para estudiantes da USC, no menú “Secretaría > Liquidacións”, situado á marxe esquerda.

¿Preciso levar o meu ordenador?

Non. O SIT facilita ós alumnos os equipos e infraestrutura informática necesarios para impartir o curso.

De tódolos xeitos tamén existe a posibilidade de que o usuario empregue o seu propio equipo na maioría de edicións. Esta opción é moi recomendable xa que permite ó alumno saír do curso co programa xa configurado e probado no seu ordenador particular. Consulta esta posibilidade para o curso que che interese.

¿Qué son os cursos oficiais de ESRI?

Son cursos impartidos por instrutores certificados por ESRI España, con material docente propio de ESRI e nos que o alumno ten dereito tamén ó diploma oficial de ESRI. O SIT pode impartir estes cursos xa que é Centro Autorizado de Formación de ESRI España.

¿Qué precio e temario teñen os cursos oficiais de ESRI?

Os cursos oficiais de ESRI réxense polas condicións específicas de ESRI, polo tanto os temarios e prezos son os publicados na súa páxina web, apartado de formación.
http://www.esri.es/es/formacion/catalogo-de-cursos/

Debes ter en conta que os temarios do SIT e de ESRI, non son equivalentes, sendo os do SIT máis extensos. No caso dos cursos presenciais o curso básico do SIT equivale a ArcGIS Desktop I e II de Esri, e nos online equivale os cursos “Conceptos básicos” e “ArcGIS10: Mapas, simbología, etiquetas y tablas”

¿O SIT facilítame a licenza do programa?

No caso de software libre (QGIS e gvSIG), a licenza de traballo do programa descárgase de xeito libre e gratuíto da páxina dos fabricantes. O primeiro día de curso, procederase á descarga e instalación do programa requirido.

No caso de software privativo (ArcGIS), o SIT non proporciona licenzas ós alumnos. Sen embargo é posible dispoñer dunha licenza gratuíta completa de 2 meses dende a páxina de ESRI. Tamén si es estudante, ESRI ofréceche unha licenza a prezo moi reducido (100 € + ive).

Tamén debes saber que a USC pon a disposición dos PAS e PDIs licenzas anuais de ArcGIS para varios centros, tanto do campus de Santiago como de Lugo. Consulta no Centro de Atención ó Usuario (CAU) – Ext. 55555 ou cau@usc.es - esta opción.

¿Qué é a Aula virtual do SIT?

A Aula Virtual do SIT é a plataforma que o SIT pon á túa disposición para realizar os cursos online e emprega a coñecida plataforma libre Moodle de aprendizaxe en liña. O acceso ós seus cursos está restrinxido ós alumnos, pero é posible acceder e explorar o curso DEMO en aberto de ArcGIS e gvSIG para ver a tipoloxía de contidos e as funcionalidades e dinámica da aula.

Dende ela o alumno pode descargarse os documentos de teoría, os exercicios e subir os seus resultados, que serán corrixidos e avaliados polo Teacher de cada curso. Ademais dispón dun foro específico para resolución de dúbidas e para comunicarse co corpo docente.

No caso de cursos a medida, pódese solicitar tamén a docencia a través de dita aula, para edicións online ou mixtas.

Voltar ó Índice