Cursos presenciais/semipresenciais

Actualmente en modalidade presencial impártense cursos regulares de ArcGIS, gvSIG e QGIS nivel básico e avanzado. As súas características e condicións son as que seguen a continuación (Para cursos ad hoc revisa o apartado de Cursos a medida e en FAQs dispós de máis información relativa os temarios e prezos específicos dos cursos de ESRI):

Algúns cursos presenciais ofértanse cunha serie de horas adicionais que o alumno realiza de forma autónoma a distancia, a través da Aula Virtual do SIT.

Prezos:

Salvo os oficiais de ESRI e edicións específicas ou a medida, os cursos de SIX presenciais ou semipresenciais (presenciais + online) teñen os seguintes prezos

Duración Prezo Prezo con desconto 40%
15 horas 150 € 90 €
15 presenciais + 5 online 175 € 105€

Recorda que os cursos son abertos tanto a membros da Universidade de Santiago de Compostela como a alumnos alleos a dita institución. Si es parte da USC tes dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. Consulta as condicións no apartado de FAQs.

Prazas:

Máximo de 10 prazas por quenda.

No caso de non chegar á matrícula mínima o SIT resérvase o dereito de aprazar a edición a unhas novas datas.

Lugar:

Salvo convocatorias específicas, os cursos impártense nas seguintes aulas:

En Lugo En Santiago
Sala conferencias, Edif. CACTUS

Campus Univ., S/N 27002 Lugo

Localización en Google Maps
Sala AccessGrid, Edif. CACTUS

R/ Constantino Candeira, Campus Sur

Localización Google Maps

En ambos casos, os edificios CACTUS permanecen pechados ó público polas tardes, polo que o docente procederá á apertura de portas á hora sinalada para o curso.

Temario:

En canto ós contidos e temarios revisa o apartado de "Niveis e temario”.

Matrícula:

Para inscribirse, consulta o apartado de Matrícula e trámites".

Voltar ó Índice