Modalidades

Deseñamos para ti unha liña regular de cursos básicos e avanzados de ArcGIS, gvSIG e QGIS (Quantum GIS) en tres modalidades diferentes: presenciais, online e telepresenciais.

  • Os cursos presenciais impártense de xeito periódico en Lugo e en Santiago. Son convocatorias reducidas, con un máximo de 10 alumnos por quenda.
  • Os cursos online realízanse dende a aula virtual do SIT e están pensados para ofrecer ó alumno flexibilidade máxima en canto ó calendario, xa que a súa matrícula está aberta 365 días ó ano e permite axustar o ritmo de traballo ás posibilidades e necesidades do alumno.
  • Os cursos telepresenciais impártense a través da plataforma BigBlueButton (BBB) e a súa dinámica é equivalente ós presenciais. BBB é unha plataforma avanzada para cursos a través de videoconferencia, no que o concepto de aula se consegue mediante webcams de tódolos participantes e profesor, de xeito que poden verse e comunicarse. Os alumnos visualizan o proxector e o ordenador do docente, atenden as súas explicacións, realizan os exercicios propostos e comparten resultados e experiencias cos demais alumnos, coa vantaxe de non ter que desprazarse á aula e poder superar dúbidas e problemas en directo. Para asistir a este curso é indispensable dispoñer de webcam e micrófono para comunicarse coa sala.

Voltar ó Índice