Software
Os programas de SIX (Sistemas de Información Xeográfica) aglutinan toda unha serie de ferramentas orientadas á elaboración de cartografía e xeración, explotación e xestión de información xeográfica de calquera tipo. Ó contrario que as plataformas CAD, integran nun mesmo proceso xeometrías espaciais e bases de datos alfanuméricas, volvéndose imprescindibles para a captura, edición e análise de datos con representación xeográfica, consulta de bases de datos, ou a elaboración de planos.
- ArcGIS, desenrolado pola empresa ESRI, é o software SIX de pago actualmente máis demandado e empregado a nivel mundial, incluída España. Ten un dos paquetes de análise SIX máis potentes do mercado e un gran número de extensións adicionais específicas para certos campos e áreas de traballo que complementan o programa. Aínda que as versións de proba están en inglés, é posible adquirir o complemento para a tradución da interface a castelán e está amplamente implementado na administración pública.
Este programa sólo dispón de versión para executar en windows.
- gvSIG, desenrolado na comunidade valenciana, foi durante anos o software SIX libre e gratuíto máis coñecido e demandado en España e parte de América Latina. Inclúe na súa instalación o paquete de ferramentas SIX de Sextante, está dispoñible nos tres idiomas oficiais de España e é a alternativa de software libre máis empregada pola administración pública. Están dispoñibles tamén extensións adicionais que complementan as súas funcionalidades.
gvSIG pode operar en Windows e Linux.
- QGIS, antigamente coñecido como Quantum GIS é o software de SIX libre e gratuíto máis empregado a nivel mundial. Inclúe na súa instalación base ferramentas de Sextante, GRASS, GDAL, SAGA e outros moito paquetes. Por esta gran versatilidade e funcionalidade, pola importantes melloras na súa interface gráfica e pola tradución ó castelán está a gañar adeptos rapidamente na nosa área xeográfica.
Opera baixo Windows, Linux, Mac OS e BSD.
Por último dende o SIT tamén realizamos cursos de outras temáticas como a teledetección e os sensores remotos. Así téñense convocado cursos de tratamento de imaxes satélite e aérea, captura e explotación de datos de Láser Escáner Terrestre, drone ou LiDAR, modelado 3D a partir de nubes de puntos, xeración de modelos dixitais de terreo, ortofotos, etc, a partires das técnicas anteriores e con programas específicos para estas materias, tales como ERDAS, Fusion, RealWorks, Meshlab, etc.
¿Para qué serven os SIX?
Os Sistemas de información xeográfica (SIX) poden ser empregados para a análise e xestión de activos ou recursos en campos como a arqueoloxía, bioloxía, avaliación do impacto ambiental, planificación urbana, ordenación territorial, xeografía, socioloxía, medicina, loxística ou estudios de mercado.
Estes son algún exemplos típicos nos que os SIX facilitan a análise e xeración de datos xeoespaciais:
- Cálculo de zonas tampón/protección ó redor de bens de alto valor patrimonial, ecolóxico ou cultural.
- Cálculo corredores de fauna ou franxas vexetais.
- Establecemento de perímetros de seguridade/dominio público de infraestruturas, actividades industriais.
- Localización óptima de servizos públicos ou negocios.
- Análises do relevo: pendentes, insolación, hidroloxía.
- Cuncas visuais e estudo e análise da paisaxe.
- Análise multicriterio para a zonificación territorial.
- Integración de bases de datos con datos xeográficos.
- Cálculo de consolidacións de parcela e delimitacións de núcleos rurais. Estudio e cálculo de parcelamentos.
- Inventario de variables de interese urbanístico (estado da parcela, elementos construídos, etc).
- Cálculo de redes de transporte, saneamento, enerxía.
- Xestión de riscos: PEMUs, inundacións, incendios, verteduras.
Voltar ó Índice