Características básicas dos cursos
Actualmente dispoñemos dunha liña regular de cursos básicos e avanzados de ArcGIS, gvSIG e QGIS (Quantum GIS) en tres modalidades diferentes: presenciais, online e telepresenciais (videoconferencia).
No caso de ArcGIS existen dous itinerarios: Cursos propios do SIT e cursos oficiais de ESRI.
- Os cursos propios do SIT, impártense con material elaborado polo corpo docente do SIT e da dereito ó diploma oficial da USC.
- Os cursos oficiais de ESRI impártense con materiais facilitados por dita corporación e son parte do seu itinerario formativo. O SIT é Centro Autorizado de Formación (CAF) de ESRI España polo que ofrece ditos cursos oficiais de ArcGIS, con profesores, material e diploma oficial avalado por ESRI España.
No apartado de FAQs podes informarte sobre temarios e prezos desta formación.
Consulta o apartado de Cursos a medida para cursos ad hoc.
Vantaxes dos cursos:
- Resolución de dúbidas e asesoramento particular despois do remate do curso.
- Os cursos son abertos e para acudir non é preciso pertencer á Univ. de Santiago. Sen embargo os membros da USC teñen dereito a un 40% de desconto nos cursos regulares.
- Desenvolvemento de exercicios prácticos dende o primeiro día.
- Grupos moi reducidos.
- Diploma de aproveitamento oficial da USC para todos os cursos.
- O SIT facilita ós alumnos os equipos necesarios para impartir o curso, pero tamén existe a posibilidade de que o usuario empregue o seu propio ordenador. Consulta esta opción para o curso no que te inscribas.
- Nos cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de ningún tipo. O seu formato e contidos están deseñados para que calquera alumno aproveite o curso na medida das súas posibilidades.
- Introdución os SIX sobre as últimas versións de ArcGIS, gvSIG e QGIS.
- Opción de cursos oficiais avalados por Esri España, con instrutores certificados e diploma oficial de Esri España.
Voltar ó Índice