Dispoñible para descarga o manual práctico de QGIS/GRASS feito por Nuria Freire González
No apartado de Descargas na sección de manuais o SIT pon a disposición dos seus usuarios un manual de prácticas
de SIX con QGIS/GRASS. A memoria foi elaborada por Nuria Freire González, no marco do Master universitario de
Arquitectura da Paisaxe (Fundación Juana de Vega) e constitúe unha guía paso a paso das prácticas de XIS realizadas
na materia de Tecnoloxías da Información.
A través de seis capítulos o usuario poderá seguir de xeito ameno e sintético o fluxo de traballo no programa,
dende a exploración inicial de datos ata a realización de operacións de análise ou a maquetación final de
resultados.
Estes son os contidos:
1. Centro de descargas e introducción a QGIS
2. Tablas de atributos, capas shape e sistemas de coordenadas
3. Modelos MDT e capas raster
4. Análise de terreo, ortofotos PNOA e visor de GRASS
5. Deseño e maquetación
6. Xeorreferenciación de imaxes raster e mapas de isocronas