Edición de marzo 2015 "ArcGIS avanzado" e adianto de próximas datas para outros cursos

Descarga o cartel informativo en PDF aquí.

PRÓXIMAS CITAS

23-27 marzo: ArcGIS avanzado

11 a 15 de maio: QGIS básico

Outras datas: ArcGis básico (25-29 de maio), gvSIG básico (8-12 de xuño), gvSIG avanzado (22-26 xuño).

FORMATO e HORARIO

15 h telepresenciais, luns a venres de 19 a 22:00 horas

¿En qué consisten os cursos telepresenciais?.

Son cursos impartidos por videoconferencia, nos que participas directamente dende a túa casa, sen necesidade de desprazamento a ningúnha aula. A dinámica é idéntica a de un presencial e únicamente necesitarás un micro e unha webcam para comunicarte cos demáis. Ó igual que os teus compañeiros atenderás ás explicacións, realizarás os exercicios, plantexarás as túas dúbidas e verás ó profesor e tódalas tarefas que realiza no progama.

Estes cursos impártense a través da nosa pasarela BigBlueButton. Esta plataforma do SIT da cabida a diversos cursos, seminarios e xornadas técnicas da USC.

PREZO

150 € (90 € con desconto USC)

Os membros da USC teñen un 40% de desconto. Consulta o apartado de FAQs para máis información.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI ou contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido. A relación coa USC e polo tanto a documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • Cursos intensivos para que saques o máximo rendemento ó teu diñeiro.
  • Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.
  • A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade. Os membros da USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. A pertenza a dita institución debe probarse documentalmente.
  • Diploma de aproveitamento oficial da USC.
  • Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.
  • Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX, solo moitas ganas de aprender. Empezamos dende cero.
  • Para os avanzados non é imprescindible ter cursado o básico. Basta con ter coñecementos xeráis do programa. Si o temario dos cursos básicos che é familiar, poderás seguir adecuadamente os cursos avanzados.
  • Na web do SIT, apartado de Formación, dispós de máis información sobre estes cursos (Temario, Softwares), así como de outras opcións de formación.
  • Nos cursos presenciais o SIT facilita os equipos e infraestrutura informática, sen embargo se o alumno quere, pode asistir co seu propio portátil. Neste caso debe comunicárselle ó profesor.

MATRÍCULA:

Para a preinscrición débese enviar un correo a formacionsit@usc.es co título/datas do curso no asunto do email, e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o DNI.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT)

Edificio CACTUS, Campus Universitario S/N, Lugo, 2o ANDAR. Tlf:

+34 982 822 833, formacionsit@usc.es

Facebook SIT formaTe

Tags: