Edición de novembro 2014 "ArcGIs básico" e "QGIS básico" en Santiago de Compostela

Podes ver o cartel en PDF aquí.

DATAS

10­-14 novembro: QGIS básico

17-­21 novembro: ArcGIS básico

FORMATO E HORARIO

15 h presenciais, luns a venres de 19 a 22:00 horas

LUGAR

Sala AccessGrid, Edif CACTUS, R/ Constantino Candeira, Campus Vida, Santiago de Compostela (Localización href="https://www.google.es/maps/dir/42.874403,-8.559343//@42.8745732,-8.5935332,13z/data=!3m1!4b1?hl=es">Google
Maps)

PREZO

150 € (90 € con desconto USC)

Os membros da USC teñen un 40% de desconto. Consulta o apartado de FAQs para máis información.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI ou
contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que
poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido. A relación coa USC e polo tanto a
documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

• A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade. Os membros da
USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado.

A pertenza a dita institución debe probarse documentalmente.

• Diploma de aproveitamento oficial da USC.

• O SIT facilita os equipos e infraestrutura informática para os alumnos presenciais, sen embargo se o alumno
quere, pode asistir co seu propio portátil. Neste caso debe comunicárselle ó profesor.

• Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.

• Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.

• Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX.

• Na web do SIT, apartado de Formación, dispós de máis información
sobre estes cursos (Temario, href="http://sit.usc.es/software">Softwares), así como de outras opcións de formación

MATRÍCULA:

Para a preinscrición débese enviar un correo a formacionsit@usc.es co título
do curso Ex. "ArcGIS básico” no asunto do email, e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o DNI,
datas do curso e vinculación coa USC (alumno, investigador, profesor e grupo) si é o caso.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT)

Edificio CACTUS, Campus Universitario S/N, Lugo, 2o ANDAR. Tlf:

+34 982 822 833, formacionsit@usc.es

Facebook SIT formaTe