Edición de Xullo 2014 "QGIS básico" e "gvSIG avanzado"

GvSIG avanzado impartirase en Lugo e consta de 15 horas presenciais máis 5 adicionais a
realizar a distancia.

QGIS básico componse de 15 horas telepresenciais máis 5 a distancia. A parte telepresencial
impartirase a través da plataforma BigBlueButton (BBB) e a súa dinámica é equivalente á de un curso presencial. BBB
é unha plataforma avanzada para cursos a través de videoconferencia, no que o concepto de aula se consegue mediante
as webcams de tódolos participantes e profesor, de xeito que tódolos asistentes poden verse e comunicarse. Os
alumnos visualizan o proxector e o ordenador do docente, atenden as súas explicacións, realizan os exercicios
propostos e comparten resultados e experiencias, coa vantaxe de non ter que desprazarse á aula. Para asistir a este
curso é indispensable dispoñer de webcam e micrófono para comunicarse coa sala.

Para maior comodidade, no caso de BigBlueButton recoméndase unha pantalla ou un monitor adicional que facilite a
visualización a un tempo da plataforma e do programa de SIX de traballo.

DATAS E HORARIO

  • gvSIG avanzado presencial: 20 horas (15h presenciais + 5 a distancia). Parte presencial a impartir do 30
    de xuño a 4 de xullo, en horario de 18 a 21h na Sala de conferencias, Edif. CACTUS, Campus Univ., S/N 27002 Lugo
    (Localización en Google Maps).
  • QGIS básico 20 horas (15h telepresenciais + 5 a distancia). Parte telepresencial a impartir do 7 a 11 de xuño,
    en horario de 18 a 21h.
  • Prezo de cada curso: 175 €. Os membros da USC teñen un 40% de desconto.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI
ou contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que
poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido.

Unha matrícula do curso vixente de algunha titulación da USC, un contrato, unha copia do expediente será
suficiente para acreditar a vinculación con dita universidade. Si non estás matriculado pero realizas unha estacia
temporal ou un traballo final de carreira, grao, máster, tese etc, será necesario un escrito firmado polo teu
director/coordinador no que se indique o

departamento/laboratorio co que estás vinculado así como o título do teu traballo.

A relación coa USC e polo tanto a documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade. Os membros
    da USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. A pertenza a dita institución debe probarse
    documentalmente.
  • Diploma de aproveitamento oficial da USC.
  • Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.
  • Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.
  • O SIT facilita os equipos e infraestrutura informática, sen embargo se o alumno quere, pode asistir co seu
    propio portátil. Neste caso debe comunicárselle ó profesor.
  • Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX.

MATRÍCULA:

Para a preinscripción débese enviar un correo a formacionsit@usc.es co
título do curso Ex. "QGIS básico” no asunto do email, e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o
DNI, vinculación coa USC (alumno, investigador, profesor e grupo) se é o caso, e datas do curso que interesa.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT) Edificio CACTUS de Lugo, 2o ANDAR. Tlf: 982 822 833, href="mailto:formacionsit@usc.es">formacionsit@usc.es

Facebook SIT formaTe

TEMARIOS:

gvSIG avanzado

  1. Xestión e edición de capas ráster: simbolizado, histogramas, recorte, reclasificación
  2. Análise de relevo: curvas de nivel, pendentes, orientacións, concas visuais, perfiles....
  3. Xestión de datos tabulares: unión e enlace de táboas, creación de capas de eventos

    (importación de táboas de coordenadas)
  4. Interpolación: creación capas ráster a partir de puntos e liñas
  5. Xeoreferenciación
  6. Clasificación automática de imaxes

QGIS básico

  1. Visualización e consulta de datos: Simbolizado, etiquetado e consulta de datos
  2. Datos xeográficos. Fontes de datos xeográficos: Principais páxinas e repositorios para descarga de información
    xeográfica e servizos de visualización online (WMS). Tipos e formatos de datos. Sistemas de coordenadas.
  3. Edición: Creación e modificación de xeometrías. Cumprimentación de táboas, cálculo de

    propiedades xeométricas (áreas, coordenadas, etc).
  4. Xeoprocesamento: Principais ferramentas de análise espacial (recortes, bufferes, unións,...):
  5. Mapas e saídas gráficas: Montaxe de planos, mapas, fichas e saídas gráficas de calqueira

    tipo.