Manuais de acceso a datos WFS con gvSIG, ArcGIS e QGIS

O SIT pon a disposición de tódolos usuarios tres manuais de acceso a datos WFS con href="http://sit.usc.es/manual-wfs-gvsig"> gvSIG, ArcGIS e href="http://sit.usc.es/manual-wfs-qgis">QGIS. Estes manuais en particular están preparados para a descarga de
datos do servizo WFS da EIEL de Lugo, pero serven para calquera outra conexión WFS. Basta dispoñer da súa dirección
URL.

No caso da EIEL de Lugo, podemos atopar o enlace no menú "Servicio WFS" da súa páxina web href="http://www.idealugo.es">http://www.idealugo.es

Os manuais explican en detalle tódalas fases do proceso, dende a preparación previa das vistas de datos e
configuración de sistemas de coordenadas, ata a visualización dos datos online e descarga/exportación a disco.

No caso de gvSIG e QGIS, ambos programas permiten o acceso sen restricións a este tipo de servidores de
cartografía, sen embargo no caso de ArcGIS é necesaria unha extensión adicional do programa para realizar conexións
WFS. Polo tanto no seu manual de descarga explícase tamén como conseguir unha versión de proba desta extensión para
visualizar ditos datos xeográficos.

As guías están elaboradas para as últimas versións estables de cada programa (gvSIG 1.12, QGIS 2.4 Chugiak e
ArcGIS 10.2) pero son válidos tamén para versións anteriores.