O SIT súmase ó GIS DAY. Descontos, promocións e moito máis.

O próximo mércores día 20 de novembro celébrase en todo o mundo o GIS DAY . Un
día cargado de eventos e actividades relacionadas coa información xeográfica e os SIX. O obxectivo é que te
acerques e coñezas máis sobre a trascendencia dos datos xeoespaciais e como os SIX permiten sacarlles o máximo
partido.

O SIT, ó igual que en edicións anteriores súmase á celebración e está preparando para tí diversas actividades
para que asistas ou participes de forma virtual.

Aquí vai un avance:

  • Sorteo de matrículas gratuítas para os nosos cursos online
  • Descontos directos si te matriculas nos días 20 e 21. E aínda baixamos máis o prezo si non ves solo.
  • Xornada de portas abertas para que poidas ver e coñecer qué facemos no SIT. Verás os nosos traballos e equipos
    ¿Algunha vez viches un drone? ¿Sabes que o empregamos para facer ortofotografía ou realizar modelos 3D? ¿Coñeces os
    datos LiDAR? ¿Queres probar o noso láser escáner? Temos isto e moitas máis cousas para ensinarche
  • Taller aberto de SIG. ¿Non estás moi seguro de si necesitas SIG? ¿Queres iniciarte pero non sabes cal é o
    mellor programa para tí? Apúntate ó nosos taller e proba os programas e as súas capacidades.

Máis información e detalles en http://sit.usc.es/aulavirtual/

Outros eventos e actividades relacionadas co GisDay no seguinte enlace