Presentation

Presentación

Diapositivas con presentación do SIT. Presentacion_SIT_web.pdf [PDF 180 Kb]

Introducción os SIX

Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) consisten na integración de persoas, hardware, software e información, deseñados para a captura, almacenamento, manipulación, análise, modelización e presentación de información referenciada espacialmente, permiten a resolución de problemas complexos de planificación e xestión.

Podemos polo tanto decir que é un sistema que nos permite entender mellor o mundo no que vivimos; esta é a principal utilidade de un SIX; unha poderosa ferramenta na axuda a toma de decisións para resolver problemas.

Os grupos de investigación, empresas, administracións e organizacións de todo tipo que fan uso de esta tecnoloxía son cada día mais numerosos, e supoñen a día de hoxe un volume de negocio millonario.

Importancia para Galicia e para a USC

Nunha comunidade autónoma como Galicia, na que a información espacial e territorial, demanda intensidades e escalas de traballo de moito detalle, (dádalas nosas especificidades de medio físico e socioeconómico), a utilidade de este tipo de ferramentas, amósasenos aínda maior. A esto habería que engadir a necesidade de xenerar e xestionar información espacial dende moi distintos ámbitos da sociedade galega, e bos exemplos de todo esto poden ser, a aplicación dos contidos da Lei 9/2002 de ordenación urbanística de Galicia, ou das leis de Conservación da Natureza ou da de Concentración Parcelaria de Galicia. Todas elas demandan para unha mais eficaz e eficiente aplicación dos contidos de estas leis, o poder dispoñer de SIX. Pero tal e como se dixo no inicio, os SIX, non son só, hardware e software, como moitas veces se pensa, é necesario, imprescindible, poder contar con persoal cualificado e capacitado. Os beneficios para a persoas con esta capacitación son evidentes en canto a futuro profesional.

Polo que atinxe os grupos de investigación, tanto da USC como das restantes universidades galegas, poderíamos engadir, que as universidades como xeneradoras de coñecemento, precisan de este tipo de ferramentas, para aumentar as súas capacidades de análise, modelización, xestión e presentación de resultados. Aínda que pouco a pouco, os grupos de investigación empezan a dotarse de hardware e software (básicamente porque a informática faise cada día mais asequible en termos económicos), o certo é, que a capacitación e o emprego deste tipo deste tipo de tecnoloxías non é suficiente.

Outro interese importante de divulgar esta tecnoloxía é o seu alto custe. A formación dun equipo de traballo en Sistemas de Información Xeográfica é caro sobre todo no compoñente de personal e software, pois debido os avances informáticos os ordenadores domésticos hoxe teñen altas prestacións e non e necesario hardware moi especializado.

Este artigo de David Goldstein (Apr 18, 2003) do xornal electrónico especializado Directions Magazine que resume o custo para a implantación dun departamento de dúas persoas nunha empresa demostra o anterior, pode observarse o gran peso relativo que ten no custo total a formación do persoal. Tendo en conta ademáis que en Galicia a USC e principal universidade con grupos de investigación traballando neste campo, queda clara a importancia para a nosa sociedade.

Aplicacións

Unha das aplicións máis importantes desta tecnoloxía é directamente aplicable en todo o sistema universitario galego e en concreto na USC: Os sistemas de xestión de espacios docentes.

Estes sistemas de xestión empregan principalmente esta tecnoloxía para optimizar o emprego de aulas, equipos, despachos, etc. na xestión diaria das universidades.

Exemplos de Universidades que empregan estes sistemas pioneiros:

Universidade de Alicante
SIGUA
Universidad de Salamanca
Servicio Transfronterizo de Información Geográfica
Idaho State University
GISCENTER
University of Minnesota
Enterprise Wide SPACE Management Project Summary

Cabe mencionar tamén neste apartado a importancia crecente dos Sistema de Información Xeográfica nas TIC, así cada vez máis páxinas web e servicios de información incluen unha compoñente espacial ou xeográfica. A inclusión desta compoñente espacial fai máis real e util o emprego e difusión dos programas de TIC pola sociedade.

Exemplos de proxectos TIC con tecnoloxía xeoespacial en Galicia:

As arelas deste grupo de investigación son que algún día a USC poida participar nun programa español semellante o NCGIA National Center for Geographic Information and Analysis. Programa nacional de investigación dos Estados Unidos en información e análise espacial aloxado na Universidade de California en Santa Bárbara, en colaboración (consorcio) cas universidades de Buffalo e Maine.