2ª Edición do curso "Introducción a los SIG con ArcGIS"

Nos días 14 de Xuño a 25 de Xuño do 2010 impartirase nos locais do SIT, por instructores do SIT certificados por ESRI España, un curso de introducción os SIX sobre a versión 9.3 de ArcGIS.

O horario será de 18:30 a 20 horas durante 2 semanas.

A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade.

O curso ten un custo de 150 euros, pero según as tarifas do SIT os membros da USC terán un desconto do 40%.

Para a preinscripción débese enviar un correo a situsc@usc.es co título

"Introducción a los SIG con ArcGIS" e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o DNI, nunha segunda liña a súa vinculación a USC (alumno, investigador, profesor e grupo) se é o caso.

É importante seguir estas indicacións pois as solicitudes recóllense a través dun filtro de correo.

O número de prazas máximo é de 10.

Comments

José Miguel Carballeda Rodríguez

Concepción Fernández Rodríguez

Pablo Deiros Sánchez

Laura Recarey Regueira

Marcos López Fernández

Ginés Alberto Aguiar Gutiérrez

Sonia Ivonne Pulido Sierra

Efrén Santín Castro

Sonia López Veiga

Mónica Veiga González

Para a matrícula débese utilizar o modelo 48/2, que se pode recoller nos locais do SIT (Edificio CACTUS 2º Andar).

Tamén se pode descargar unha versión dixital na zona de descargas desta web. Neste caso débense facer 4 copias como indica no fondo do documento.

Nos datos do formulario poñer o seguinte:

Nome do curso:Introducción a los SIG con ArcGIS (2ªEdic)

Organizado por: RIAIDT-Sistema de Información Territorial

Os membros da USC (profesores, investigadores, PAS e alumnos con matricula vixente) teñen o 40% de desconto, polo que deben ingresar 90 euros. Xunto ca copia do ingreso deberán presentar copia da matrícula ou contrato.

O resto de inscritos deben ingresar 150 euros.

O ingreso pódese facer en calquera oficina de Caixa Galicia.