Gis Day 2007 e VII Semana da Ciencia

O día 14 de novembro celébrase o Día Mundial dos Sistemas de Información Xeográfica ( www.gisday.com). Todolos usuarios e entidades relacionadas cos SIX están invitados a participar activamente no evento que organizará o SIT, para o cal poden poñerse en contacto por correo-e para unirse ó programa de actividades.

Este ano a celebración coincide ca VII Semana da Ciencia, polo que dende o novo Edificio CACTUS do Campus existirán actividades de portas abertas e conferencias durante toda semana.

Durante este día reúnense os usuarios, productores, e sumistradores de Sistemas de Información Xeográfica e datos xeográficos, nunha xornada de portas abertas en escolas, universidades, empresas e administración, coa finalidade de divulgar esta ferramenta e fundamentalmente as aplicacións realizadas con esta tecnoloxía. Os usuarios do SIX fan demostracións, presentacións e albergan outros eventos que permiten que a xente vexa e experimente por sí mesma a tecnoloxía SIX, así como os seus beneficios e aplicacións.

Todolos usuarios e entidades relacionadas cos SIX están invitados a participar activamente na para o cal poden poñerse en contacto por correo-e co SIT.

Próximamente nesta mesma páxina se irán anunciando as datas límite para aportar colaboracións, o programa e demáis información dos eventos.