Mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de Galicia

Un equipo de investigadores do Laboratorio do territorio da Universidade de
Santiago de Compostela vén de facer dispoñible ao público o "Mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de
Galicia", versión dixital e a escala lixeiramente máis detallada do orixinal en papel publicado por F. Díaz-Fierros
e F. Gil Sotres en 1984. Este produto cartográfico, único en Galicia polo tipo de información que contén, publícase
baixo licencia Open Database License (similar á máis amplamente coñecida Creative Commons) e polo tanto permitirá a
súa utilización libre por parte dos usuarios, sen máis restricións que a atribución do traballo orixinal e o uso da
mesma licencia para as posibles melloras ou modificacións realizadas.

Entre os potenciais usuarios da información contida neste produto inclúense non só os membros da comunidade
académica senón tamén e moi especialmente a comunidade técnica implicada en procesos de ordenamento territorial,
planeamento urbanístico. Nun contexto como o galego, no que só unha cuarta parte do territorio presenta solos de
boa calidade para a agricultura, en boa parte ocupados por outros tipos de uso, a información dispoñible sobre a
capacidade produtiva do solo resultaespecialmente relevante nos procesos de planificación.

O mapa estará dispoñible para descarga por calquera usuario no sitio web do Sistema
de Información Territorial da
USC