Servizo de licenzas flotantes de ArcGIS non dispoñible

Por causas alleas ó SIT, non se renovaron a tempo os códigos do xestor de licenzas deste software. Polo que, dende o 31 de Marzo, o xestor de licenzas non valida as peticións de servizo, contra os códigos temporais existentes, que caducaron ese día.

Estamos a espera de recibir os novos códigos definitivos (válidos para o resto do ano 2010) pero non podemos precisar a data na que estarán dispoñibles.

Como alternativa, os usarios afectados poden usar as licenzas tipo SingleUse, que teñen unha funcionalidade menor pero que funcionan sen xestor de licenzas de rede.