Análises SIX para o estudo da procedencia e acceso a materias primas en cerámicas arqueolóxicas de Galicia: ( 2012-2015)

Imágenes: 
ceramicas
ceramicas
ceramicas
ceramicas
ceramicas
ceramicas

ENTIDADES COLABORADORAS

Departamento de Arqueoloxía da USC
Xunta de Galicia

OBXECTIVO

O traballo é parte do proxecto de investigación ”Isótopos de Pb y Sr en cerámicas arqueológicas de Galicia: estudio de la procedencia y acceso a las materias primas” coordinado pola profesora e arqueóloga Pilar Prieto. Céntrase no estudo da orixe de materias primas de cerámicas recollidas nunha trintena de xacementos de Galicia.

METODOLOXÍA

As tarefas do SIT consisten na integración dos resultados analíticos das cerámicas (composición mineralóxica, textura, cor, petrografía, etc) nunha base de datos SIX e posterior análise xeográfica. Boa parte dos esforzos invertíronse en, a partir da cartografía xeolóxica MAGNA50 e a composición mineralóxica das cerámicas recuperadas, tratar de determinar os potenciais lugares de procedencia das materias primas así como a valoración do esforzo de acopio.
Para elo empregáronse técnicas SIX denominadas "Análise de custes". Mediante estes algoritmos, e considerando entre outros datos, a orografía do entorno, calcúlase para cada xacemento, o tempo de desprazamento a calquera punto do territorio. O resultado é unha "capa de custes" na que ditos tempos son función da velocidade media do camiñante, pendente do terreo e sentido do movemento (de subida ou baixada).

Coñecido o tempo necesario para moverse dende o xacemento a calquera lugar e identificados os puntos de acopio de cada mineral máis próximos, o seguinte paso foi o cálculo da ruta de menor custe, é dicir, aquela pola que se chega máis rápido dende o xacemento ata a fonte de materias primas. Deste xeito obtivéronse as posibles rutas seguidas polos homínidos para a adquisición dos distintos materiais, a distancia percorrida e tempo invertido na viaxe.
Así mesmo, e previo a tódolos cálculos anteriores, foi necesario un tratamento completo da cartografía MAGNA50, agrupando as unidades litolóxicas segundo a súa mineraloxía. Para elo foi necesario un estudo en profundidade de cada foxa xeolóxica e da súa memoria descritiva. O establecemento desta correspondencia permite sobrepoñerse á excesiva fragmentación desta fonte cartográfica e estender a análise de materias primas a escala rexional.
Máis información en WIKIPOT

Software empregado: QGIS e ArcGIS

RESULTADOS

  • Capas SIX temáticas coa distribución e caracterización das cerámicas e mostras de solo analizadas, mapas, láminas e ilustracións coa localización e contextualización territorial dos xacementos.
  • Capas SIX coas rutas calculadas, lugares de acopio e tempos de desprazamento dende os xacementos os lugares de aprovisionamento.
  • Cartografía MAGNA 50 coa información mineralóxica integrada na táboa de atributos.
  • Visor SIX para a distribución de resultados
  • Participación na “Iª Jornadas de Arqueometría en Galicia: La cerámica arqueológica” celebradas en Santiago de Compostela. Titulo da charla “GIS aplicado a estudios de arqueometría cerámica como aportación novedosa”
  • Publicacións (1 artigo máis en fase de redacción):

    Guimarey B.; Lantes Suárez, O.; Cordero, M.; Prieto Martínez, M-P. ; 2014; “Integración de información geológica en un sistema de información geográfico con objetivos arqueométricos”. Gallaecia 33: 7-37. ISSN: 0211-8653.
    URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/gallaecia/article/view/2326

    Prieto-Martínez, M.P., Martínez-Cortizas, A., Lantes-Suárez, Ó., Guimarey, B., 2015. Bell Beaker pottery from Galicia (NW Spain): An archaeometric characterization and provenance study of some representative sites Cerámica campaniforme de Galicia (NW de España): Caracterización arqueométrica y estudio de procedencia de algunos yacimientos representativos. Cuadernos de Prehistoria y Arqueología 41. doi:10.15366/cupauam2015.41.008
    URL: https://repositorio.uam.es/handle/10486/669259