Datos

O SIT dispón, a través compras propias, dos traballos e proxectos do grupo do Laboratorio do Territorio, e de convenios e acordos con distintos organismos e entidades, dun amplo número de conxuntos de datos cartográficos.

Estes fondos están dispoñibles en distintos grados de acceso segundo o proveedor orixinal, a licenza coa que se adquiriron no seu día e o receptor final (membros da USC ou público en xeral).

Estes datos NON están en venda e o SIT suminístraos de balde cando a súa licenza o permite. O custo repercutido é só o debido ó tempo de preparación e envío (impresións, copias, gravacións de CDs, etc...) dos soportes.

A continuación detállase o catálogo completo de datos, pero no caso de non encontrar a información ou cartografía que busca, non dubide en poñerse en contacto connosco xa que a incorporación de datos é continua e poida que esta listaxe non estea completamente actualizada. Para consultas dirixirse a situsc@usc.es ou o teléfono 982 822 833. Extensión 22833 para chamadas de dentro da USC.

No apartado de DESCARGAS > DATOS tamén existen unha serie de datos derivados de proxectos con participación do SIT que están dispoñibles para descarga directa de calquera usuario

En TARIFAS dispón de unha listaxe con prezos orientativos para a cartografía en formato papel ou para as tarefas de persoal e/ou máquinas.

Conxuntos de datos cartográficos en papel:
  • Cartografía en papel do IGN, toda Galicia, series 25.000, 50.000 e 200.000
  • Fotografía Aérea (voo 1:18.000 do SITGA)‏
Conxuntos de datos cartográficos en dixital:
  • Cartografía dixital a escala 1:5.000 da CPTOPV (Xunta de Galicia)
  • Cartografía dixital a escala 1:25.000 do Instituto Geográfico Nacional en formato raster xeorreferenciado
  • Cartografía temática (ex. Mapa de usos do solo do SITGA)‏
IDE do Laboratorio do Territorio:
Para un acceso más eficiente ós datos do grupo do Laboratorio do Territorio, estase a desenvolver unha IDE (Infraestructura de Datos Espaciais) que a partir de normas e estándares de Internet publica os conxuntos de datos dispoñibles, os seus metadatos (extensión, autores, datas de creación, contidos, etc), e de selo caso permite visualizados e descargalos dende o navegador web.

Este proxecto está en desenvolvemento e nun futuro aspira a recoller datos doutros grupos de xeito que se poidan consultar os conxuntos cartográficos xerados polas diversas investigacións da USC.

Actualmente os recursos dispoñibles, só o están parcialmente e principalmente para membros da USC dentro da rede informática interna:

  • Ficheiro en formato excel co resume actualizado dos datos que contén a IDE
    20131025_IDE_laborate.xls
  • Servicio WMS con mostra de capas xeradas en proxectos do Laboratorio do Territorio.
    Esta dirección debe engadirse como dirección do servidor WMS nun software GIS o nun visor web. No caso de non estar habituados a usar ningún, recomendamos empregar o visor da IDE española que se atopa en http://www.idee.es/ ir a "Visualizador", cando este arranca na ventá Directorio de servicios" premer botón "Añadir otros servicios" e copiar nel a dirección URL.
  • Directorio Windows compartido para descargas directas (só rede interna USC) na dirección:
    \\172.22.17.125\ide\Publico
  • Servizo de Catálogo de Metadatos, (só rede interna USC), para búsquedas nos conxuntos de datos por extensión ou localización xeográfica:
    http://172.22.17.5:8080/geonetwork/
  • Servizo de Visualización de Datos, (só rede interna USC), visor de capas no navegador web directamente:
    http://172.22.17.5:8080/geoexplorer/
ReTeXeTe: Rede de Tecnoloxías da Información Xeoespacial para a Xestión Territorial
O SIT participa como membro nesta rede xunto con grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Coruña. A través da súa web están dispoñibles visores e datos LiDAR de Galicia e doutros paises onde hai colaboracións como Ecuador.
http://retexete.usc.es