Datos

Nesta sección poderanse descargar conxuntos de datos e modelos para traballar con distintos programas que teñen unha forte demanda e/ou interese para os usuarios e non estean dispoñibles directamente. Na maioría de casos trátase de material derivado de proxectos nos que o SIT ten traballado.
Agora mesmo están dispoñibles para descarga:

Mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de Galicia

Corbelle Rico, E., Vila García, D. e Crecente Maseda, R. (2014). Mapa dixital de capacidade produtiva dos solos de Galicia. Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago de Compostela.
Versión en formato dixital de:
Díaz-Fierros Viqueira, F. e Gil Sotres, F. (1984). Capacidad productiva de los suelos de Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela.

Fotos aéreas das vilas de Lugo dos voos de 1956, 1970, 1978 escaneadas e ortorectificadas
Trátase dun fondo fotográfico de 30 orixinais en acetato negativo depositados no Colexio de Arquitectos de Lugo e que se corresponden con instantáneas aéreas de varias cidades de Lugo, tomadas entre os anos 1956 e 1978. O SIT fixo a dixitalización, xeorreferenciación e ortorectificación de parte destas instantáneas, que están dispoñibles agora para descarga libre. Os resultados forman parte da publicación. “55 anos de historias urbanas. Evolución das vilas e cidades da provincia de Lugo dende 1656”.

  • Más información e instrucións de descarga: Nova web

Datos da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da provincia de Lugo (EIEL)
Son planos, mapas e capas xeográficas de infraestruturas viarias (estradas, pistas ou camiños), redes de abastecemento e saneamento, recollida de lixo, alumeado público, vivendas ou edificacións e equipamento de todo tipo de máis de 3500 entidades de poboación de toda a provincia. Ademais para tódolos municipios, coa excepción da capital provincial, elaboráronse mapas explicativos e 66 cadros que conteñen diversa información estatística sobre estas dotacións municipais. Os datos pódense descargar en formato PDF pero tamén están dispoñibles a través de servizos Web Map Service (WMS) e Web Feature Service (WFS), que dan acceso á información xeorreferenciada (xeometría, localización, atributos e características). Estes servizos posibilitan a descarga dos datos ou a consulta de calquera usuario a través de programas SIX de cartografía e análise xeográfica, navegadores de mapas e aplicacións de móbil con estas capacidades. A EIEL de Lugo está financiada pola Deputación Provincial de Lugo e dende o ano 2001 a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Laboratorio do Territorio (LaboraTe) encárgase da súa elaboración, mantemento e actualización.
Enlaces de interese:

Material de apoio do curso de QGIS

Descarga [Acceso Restrinxido]