Dispoñible para descarga o manual práctico de QGIS/GRASS feito por Celsa González Ogando

O SIT pon a disposición dos seus usuarios un manual de prácticas de SIX con QGIS/GRASS, realizadas na materia de Tecnoloxías da Información, preparado por Celsa González Ogando, alumna do Master universitario de Arquitectura da Paisaxe (Fundación Juana de Vega).

Nesta guía Celsa describe o procedemento de traballo en QGIS para a obtención dos productos e resultados indicados en cada capítulo. Estes son os contidos:
Guía de Introdución a QGIS

  • Configuración do proxecto
  • Traballo capas vectoriais
  • Operacións espaciais
  • Traballo con capas ráster
  • Traballo con arquivos MDT
  • Elaboración de perfís
  • Elaboración de mapas
  • Extracción de curvas de nivel
  • Mapas PNOA
  • Zona de traballo, taller
  • Buffer ou Área de influencia
  • Grass en QGIS
  • Imprimir mapas en QGIS
  • Colocación de vistas de mapa
  • Xeoreferenciar imaxes en QGIS
  • Mapas isocronas