Dispoñible para descarga o manual práctico de QGIS/GRASS feito por Nuria Freire González

No apartado de Descargas na sección de manuais o SIT pon a disposición dos seus usuarios un manual de prácticas de SIX con QGIS/GRASS. A memoria foi elaborada por Nuria Freire González, no marco do Master universitario de Arquitectura da Paisaxe (Fundación Juana de Vega) e constitúe unha guía paso a paso das prácticas de XIS realizadas na materia de Tecnoloxías da Información.

A través de seis capítulos o usuario poderá seguir de xeito ameno e sintético o fluxo de traballo no programa, dende a exploración inicial de datos ata a realización de operacións de análise ou a maquetación final de resultados.

SIT_Guia_introducion_QGIS.pdf

Estes son os contidos:

1. Centro de descargas e introducción a QGIS

2. Tablas de atributos, capas shape e sistemas de coordenadas

3. Modelos MDT e capas raster

4. Análise de terreo, ortofotos PNOA e visor de GRASS

5. Deseño e maquetación

6. Xeorreferenciación de imaxes raster e mapas de isocronas