Distribución de programas

Os servidores de licenzas do SIT só son accesibles dende ordenadores rexistrados no DNS da USC. Polo tanto dende máquinas que non pertenzan a rede da USC (ou non estén ben rexistradas) non é posible facer uso de ditas licenzas.

Tódalas licenzas do SIT son de uso educacional e en algúns casos só para investigación. En ningún caso se poden usar para actividades profesionais ou comerciais.

Algúns dos programas teñen un custo de adquisición, consulta-lo apartado de Tarifas para ver os prezos.

Para alumnos de asignaturas que requiran o uso destes programas (uso en docencia) débense seguir as seguintes indicacións:

1. Solicitar de xeito gratuíto o software (Arcview 9.3 base coas extensións Spatial Analyst está incluido, entre outros). Para solicitalo, pode usar o formulario xeral que atopará no apartado de Descargas>Formularios, indicando o produto que precisa e os estudos que está cursando na USC. Este formulario debe asinalo o profesor responsable da materia, e logo vostede debe envialo escaneado dende a súa conta de correo corporativa da USC ao enderezo situsc@usc.es. Recibirá resposta a esa mensaxe cos códigos de acceso á aplicación, sendo importante que lea os termos e condicións de uso do mesmo (ver advertencia legal en Descargas>Programas).

2. Se a maiores lle interesa dispoñer de versións máis avanzadas (do software ArcEditor 9.3 ou o ArcInfo 9.3 por exemplo), existen uns prezos que se poden consultar no apartado de tarifas. De novo para solicitalo debe seguir os pasos antes mencionados, incluíndo ademais neste caso no envío o correspondente xustificante de ingreso bancario, que pode realizar empregando o formulario de ingresos, no apartado de Descargas>Formularios. Deste formulario deben imprimirse 2 copias para o banco e 2 para o usuario que deberá achegar 1 ó SIT.

En ambos casos hai que lembrar que o uso debe ser exclusivamente no ámbito docente.