Dixitalización da traza das diferentes variantes do Camiño de Santiago, a partires dos planos do PXOM en PDF(2013)

Imágenes: 
caminho
caminho
caminho
caminho
caminho
caminho

ENTIDADE COLABORADORA

Dirección Xeral de Patrimonio - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria

OBXECTIVO

O traballo consistiu na dixitalización das trazas do Camiño de Santiago que discorren polos 25 concellos con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en Galiza.

O proxecto forma parte dunha serie de traballos levados a cabo para a harmonización dos trazados do Camiño de Santiago por parte da administración autonómica.

METODOLOXÍA

As fontes de datos empregadas foron os planos dispoñibles en PDF aprobados en cada PXOM, así como cartografía de referencia (ortofoto actual, ortofoto de 1956 e información catastral) e as fichas do Catálogo de Bens suxeitos a protección de cada PXOM.

O método de traballo empregado foi o debuxo do percorrido do Camiño de Santiago sobre a cartografía de referencia, seguindo a traza marcada nos planos de cada concello. Por defecto, a ortofoto PNOA foi a capa de referencia considerada.

Naqueles casos nos que a traza nos planos municipais non puidese ser correctamente asociada a unha vía ou camiño visible na ortofoto, a dixitalización apoiouse ademais na cartografía catastral. Os casos máis frecuentes de este tipo son áreas rurais onde o Camiño atravesa zonas arboradas, ou nas que o percorrido vai asociado a pequenas sendas, das se só se identifican marcas ou sinais de xeito descontinuo na ortofotografía. Por último, en caso de que nin a ortofoto nin a cartografía catastral fosen suficientes para marcar o discorrer do camiño, empregouse como terceira opción a ortofotografía de 1956.

Finalmente, dada a mala calidade dalgunhas planimetrías municipais, en casos puntuais foi necesaria a xeorreferenciación dos planos orixinais do PXOM ou considerar a descrición da ruta contida nas fichas do Catálogo de Bens, para deducir o percorrido do Camiño.

Software empregado: ArcGIS

RESULTADOS

Capas SIX coa traza do Camiño de Santiago contida nos PXOMs galegos.