Dixitalización dun fondo de 30 fotos aéreas de vilas da provincia de Lugo en acetato negativo (2011)

Imágenes: 
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56
fotos56

ENTIDADE COLABORADORA

Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Laboratorio do Territorio (LaboraTe)

OBXECTIVO

Sen dúbida un dos traballos máis especiais do SIT pola natureza do material tratado. O SIT realizou a dixitalización (escaneo), a ortorectificación e xeorreferenciación dun fondo de negativos pertencentes ós voos aéreos de 1956, 1970 e 1978 e que se encontran depositados na delegación da COAG en Lugo. Posteriormente elaborou tamén unha publicación electrónica, editada pola COAG, titulada “55 anos de historias urbanas. Evolución das vilas e cidades da provincia de Lugo dende 1656” que permite a visualización do traballo (imaxes dos voos e textos aportados por membros do COAG) tanto en formato web como a través dun Sistema de Información Xeográfico. O equipo informático do SIT desenrolou así mesmo un visor específico e unha aplicación dixital que permite a navegación a través dos distintos contidos e que foi distribuida mediante tarxetas USB de memoria.

METODOLOXÍA

Unha vez ordeados e clasificados os negativos, a primeira tarefa consistiu na dixitalización (escaneo) dos mesmos a unha resolución aproximada de 800 ppp. A continuación, parte das imaxes escaneadas foron xeoreferenciadas empregando como apoio as ortofotos PNOA do ano 2007. Finalmente realizouse a ortorectificación a partir do modelo dixital de terreo dispoñible para Galicia do ano 2004, con paso de malla de 5m e precisión de altura estimada de 1,6m (1s). O resultado final deste proceso foi a obtención dunha imaxe xeorreferenciada e a cota real de cada negativo. Ademais para cada arquivo deriváronse os correspondentes ficheiros auxiliares de xeoreferenciación, que permiten o seu emprego en sistemas de información xeográfica.
Softwares empregados: ERDAS IMAGINE, ArcGIS

RESULTADOS

O produto final, depositado nunha tarxeta USB, conta coas instantáneas orixinais e ortorectificadas, textos descriptivos sobre a evolución de cada vila aportados polos membros do COAG, así como un visor interactivo que permite a exploración in situ do material. As imaxes tratadas poden descargarse gratuitamente a través do ftp do SIT e constitúen un testemuño único e irrepetible da rápida urbanización das zonas de costa (Ribadeo ou Viveiro, por exemplo) ou a drástica transformación de espazos afectados por grandes infraestruturas levantadas durante ese periodo, como é o caso de Portomarín. Esta situación contrasta con outras vilas como Becerreá, Meira ou A Fonsagrada, que parecen impasibles ó correr do tempo.

Máis información e instruccións de descarga das ortofotos: