Dixitalización e publicación en Internet de fondo de 30 fotos aéreas de vilas da provincia de Lugo en acetato negativo.

A través dun acordo ca delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o SIT realizou dixitalización e, en parte, a ortorectificación e xeorreferenciación dun fondo de negativos correspondente cos voos 1956, 1970 e 1978.

Froito deste traballo realizouse unha publicación electrónica cos seguintes créditos:

* Título: 55 anos de historias urbanas. Evolución das vilas e cidades da provincia de Lugo dende 1656.

* Subtítulo: Dezaseis achegas á evolución urbana das vilas e cidades da provincia de Lugo dende o Voo americano de 1956.

* Formato: esta publicación só se vai editar en formato dixital, non en papel, a través dunha memoria USB de 8Gb.

* Tirada: 300 unidades.

* Coordinadores da edición:

o Polo Colexio de Arquitectos de Galicia, Alberte González Rodríguez

o Pola Universidade de Santiago SIT, Rafael Crecente Maseda.

* ISBN: 978-84-96712-38-6

* Data: abril 2011

* Edita: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de Lugo.

* Copyright: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ademais a información xeospacial correspondente difúndese o público a través desta web.

Mediante a descarga en formato .jpg xeorreferenciado dos voos do ano 1956 das principais vilas de Lugo, poden empregarse en programas con soporte de información xeográfica como AutoCad Map, ArcGIS, gvSIG, etc. Para isto é importante descargar tamén o ficheiro .jgw que acompaña o ficheiro .jpg de cada vila.

En breve tamén se poderán descargar todolos orixinais do fondo dixitalizados no traballo.

Para a descarga debe empregarse o seguinte servidor FTP:
ftp://sit.usc.es

usuario:voo56

contrasinal:voo56

porto:22

É importante configurar o porto no programa ou cliente FTP que se use para a descarga.

Recoméndase usar o programa gratuito Filezilla que se pode instalar dende:
http://filezilla-project.org/download.php