Edición de Outubro 2014 "ArcGIs básico" e "gvSIG básico e avanzado" en Lugo

DATAS

20-­24 outubro: gvSIG básico

27-­31 outubro: ArcGIS básico

3-­7 novembro: gvSIG avanzado

FORMATO E HORARIO

15 h presenciais, Luns a venres de 19 a 22:00 horas

LUGAR

Sala Conferencias, Edif CACTUS, Campus de Lugo (Localización Google Maps)

PREZO

150 € (90 € con desconto USC)

Os membros da USC teñen un 40% de desconto. Consulta o apartado de FAQs para máis información.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI ou
contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que
poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido. A relación coa USC e polo tanto a
documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

• A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade. Os membros da
USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. A pertenza a dita institución debe probarse
documentalmente.

• Diploma de aproveitamento oficial da USC.

• O SIT facilita os equipos e infraestrutura informática para os alumnos presenciais, sen embargo se o alumno
quere, pode asistir co seu propio portátil. Neste caso debe comunicárselle ó profesor.

• Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.

• Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.

• Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX.

• Na web do SIT, apartado de Formación, dispós de máis información
sobre estes cursos (Temario, href="http://sit.usc.es/software">Softwares), así como de outras opcións de formación.

MATRÍCULA:

Para a preinscrición débese enviar un correo a formacionsit@usc.es co título
do curso Ex. "gvSIG avanzado” no asunto do email, e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o DNI,
datas do curso e vinculación coa USC (alumno, investigador, profesor e grupo) si é o caso.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT)

Edificio CACTUS, Campus Universitario S/N, Lugo, 2o ANDAR. Tlf:

+34 982 822 833, formacionsit@usc.es,

Facebook SIT formaTe

Tags: