Edición de Outubro 2014 "QGIS básico" e "ArcGIS básico"

ArcGIS básico impartirase en Santiago de Compostela e consta de 15 horas presenciais.


QGIS básico componse de 15 horas en modalidade mixta (presencial e telepresencial). E
dicir éun curso que se realiza nunha aula pero que se pode participar tamén por vidoconferencia. Polo tanto como
alumno tes dúas opcións:

  • Que acudas físicamente á sala na que se imparte o curso (modalidade presencial).
  • Que o fagas dende a túa casa (modalidade telepresencial), seguindo a xornada por videoconferencia, en igualdade
    de condicións que os alumnos presenciais. O SIT imparte estes cursos a través da plataforma BigBlueButton (BBB) e a
    súa dinámica é equivalente á de un curso presencial, no que o concepto de aula se consegue mediante as webcams de
    tódolos participantes e profesor, de xeito que tódolos asistentes conectados poden ver a aula e comunicarse. Os
    alumnos visualizan o proxector e o ordenador do docente, atenden as súas explicacións, realizan os exercicios
    propostos e comparten resultados e experiencias, coa vantaxe de non ter que desprazarse á aula. Para asistir a este
    curso é indispensable dispoñer de webcam e micrófono para comunicarse coa sala.

A docencia será impartida en lingua castelá.

DATAS, HORARIO e PREZO

ArcGIS básico QGIS básico
Modalidade Presencial Presencial ou telepresencial
Datas 6 a ­10 de outubro 13 a 17 de outubro
Horario 19 a 22h Luns­-Xoves: 19:30­-22h

Venres: 16-­21h
Aula Sala AccessGrid, Edif. CACTUS,

R/ Constantino Candeira,

Campus Vida,

(Localización Google Maps).
Inst. Biodiversidade Agraria

(Ibader), Campus de Lugo.

(Localización en Google Maps).

Acceso por R/ Afonso X El Sabio
  • Prezo de cada curso: 150 €. Os membros da USC teñen un 40% de desconto.
    Consulta o apartado de FAQs para máis información.

A estes efectos considéranse membros da USC os estudantes (incluídos CLM, cursos de verán, etc), PAS, PDI
ou contratados de calquera tipo. Si estás facendo unha estancia temporal na USC, un PFC, TFG, TFM, etc, sempre que
poidas xustificalo documentalmente tamén che da dereito ó prezo reducido. A relación coa USC e polo tanto a
documentación xustificativa ten que ser referida ó ano académico en curso.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • A matrícula está aberta a tanto a membros da USC como persoas non pertencentes á Universidade. Os
    membros da USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. A pertenza a dita institución debe
    probarse documentalmente.
  • Diploma de aproveitamento oficial da USC.
  • O SIT facilita os equipos e infraestrutura informática para os alumnos presenciais, sen embargo se o alumno
    quere, pode asistir co seu propio portátil. Neste caso debe comunicárselle ó profesor.
  • Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.
  • Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.
  • Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX.
  • Na web do SIT, apartado de Formación, dispós de máis información
    sobre estes cursos (Temario, href="http://sit.usc.es/software">Softwares), así como de outras opcións de formación.

MATRÍCULA:

Para a preinscrición débese enviar un correo a formacionsit@usc.es co
título do curso Ex. "QGIS básico” no asunto do email, e no corpo da mensaxe só o nome completo do solicitante e o
DNI, vinculación coa USC (alumno, investigador, profesor e grupo) se é o caso, e datas do curso que interesa e
modalidade, no caso dos cursos mixtos.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT)

Edificio CACTUS, Campus Universitario S/N, Lugo, 2o ANDAR. Tlf:

+34 982 822 833, formacionsit@usc.es,

Facebook SIT formaTe