Edición xuño 2015: "ArcGIS básico" en Santiago

Descarga o cartel informativo en PDF aquí.

DATAS

29 xuño a 2 de xullo

MODALIDADE E HORARIO

15 h presenciais,
NOTA IMPORTANTE: Por cuestións de regulamento interno nos horarios dos centros da USC nos meses estivais, o curso muda de horario e en vez de de luns a xoves de 18 a 21:45h horas, será impartido de 16 a 19:45h

LUGAR

Facultade de Matemáticas, Rúa Lope Gómez de Marzoa, 15, Campus Vida, Santiago de Compostela (Localización Google Maps)

PREZO

150 € (90 € con desconto USC)

A matrícula está aberta tanto a membros da USC (estudantes e traballadores) como persoas non pertencentes á Universidade. Os membros da USC teñen dereito a un desconto do 40% sobre o prezo estipulado. A pertenza a dita institución debe probarse documentalmente. Consulta o apartado de FAQs para máis información.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • Diploma de aproveitamento oficial da USC.
  • O SIT facilita os equipos e infraestrutura informática, sen embargo se o alumno quere, pode asistir co seu propio portátil.
  • Resolución de dúbidas, titorías e asesoramento persoal despois da finalización do curso.
  • Desenrolo de exercicios prácticos dende o primeiro día e elaboración de mapas temáticos.
  • Para os cursos básicos non son necesarios coñecementos previos de SIX.

Na web do SIT, apartado de Formación, dispós de máis información sobre estes cursos (Temario, Softwares), así como de outras opcións de formación

MATRÍCULA:

Para a preinscrición cubre este formulario.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sistema de Información Territorial (SIT)

Edificio CACTUS, Campus Universitario S/N, Lugo, 2 ANDAR. Tlf:

+34 982 822 833, formacionsit@usc.es

Facebook SIT Formate