Equipamento
No SIT pódense distiguir tres tipos de dotacións aparte do persoal:
PROGRAMAS INFORMÁTICOS
Aínda que actualmente están gañando moitos usuarios os programas de código aberto, e o SIT imparte formación e os emprega intensivamente (tanto no seu funcionamento interno como en varios dos seus proxectos), no campo do SIX e a Teledetección os programas propietarios seguen tendo unha alta demanda. O seu uso ven imposto por características moi avanzadas que os programas de código aberto aínda non posúen ou ben por que o seu empregro é máis doado en termos de interface gráfica ou se necesita menor nivel de coñecementos para empregalos.
O SIT posúe actualmente licenzas dos seguintes programas informáticos que poden ser empregados pola comunidade universitaria para as súas labores docentes ou investigadoras:
- Licenza CAMPUS de ESRI
- (inclue licenzas concurrentes practicamente ilimitadas dos programas ArcView 9, ArcView 3.3, ArcInfo 9, Arc Editor 9, ArcIMS, ArcSDE, etc)
- Licenza CAMPUS de Intergraph
- (inclúe licenzas imilitadas de Geomedia)
- Licenza CAMPUS de Clark Labs
- Inclue IDRISI Kilimanjaro e CartaLinx
- Licenza grupo Intergraph/Erdas & Leica geosystems
- Inclúe ERDAS e extensións
- Licenza grupo DEFINIENS - Trimble
- 5 licenzas concurrentes para eCognition
Estes programas distribúense de acordo á súa disponibilidade, buscando sempre maximizalo seu uso:
- No caso de software con un número moi limitado de licenzas ou cunha única, o seu emprego debe realizarse directamente nas dependencias do SIT ou ven a través dunha conexión remota
- Se é licenza CAMPUS ou de grupo, a distribución a toda a Universidade faise través dun servidor de licenzas concurrente
Para revisar as condicións de uso ou solicitar unha licenza, consulte o apartado de Distribución de programas
MÁQUINAS
Xunto cos programas, forman o groso da inversión inicial no SIT. Agrúpanse pola súa actividade nos seguintes apartados:
-
- Grupo de ordenadores
- Servidores, Librería de cintas de copias de seguridade, Estacións de traballo gráficas, SAI, etc.
-
- Grupo de recollida de datos de campo
- GPS de alta precisión, Estación Total de topografía, Espectrorradiómetro, Cámaras dixitais, drone, láser escáner terrestre ou xeorradar entre outros.
-
- Grupo de produción de cartografía
- Impresora láser cor, Impresora de gran formato (plotter) A0, escáner de precisión A3, escaner de gran formato A0.
DATOS
Aínda que de gran importancia na área xeoespacial, o SIT inicialmente non investiu en adquisición de datos por varias razóns:
- A área de interese inicial é moi grande, para servir toda a comunidade da USC e como mínimo toda Galicia. De feito moitos dos proxectos abordados se centran en países latinoamericanos e Europa
- Mediante o equipamento adquirido pódese tratar información pública ou cedida e producir outra nova de interese
- Existen convocatorias de axudas para equipamento as que se concorre habitualmente para a adquisición de datos
- O Laboratorio do Territorio (promotor da plataforma) cedeu importantes cantidades de datos xeoespacias para o seu uso no SIT
- Estase a estudar a creación dun "catalogo" de datos xeoespaciais da USC xestionado polo SIT
Pódense distinguir polo tanto dous tipos de datos segundo a súa orixe:
- Adquiridos polo presuposto do SIT: Series en papel da cartografía 1:25000,1:50000 e 1:200000 en formato papel do IGN, Mapa dixital de España, etc.
- Cedidos: Cartografía cedida polo LaboraTe
Nos apartados de Servizos > Datos e Descargas > Datos desta web pode revisar o catálogo completo de información dispoñible, así como as instrucións para a súa solicitude ou descarga