Estudio multitemporal da superficie ocupada para a cría de camarón no Golfo de Fonseca (Honduras) (2014)

Imágenes: 
honduras
honduras
honduras
honduras
honduras
honduras

ENTIDADES COLABORADORAS:

Asociación de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)
Xunta de Galicia, Educación para o desenvolvemento (Cooperación Galega)
Amigos da Terra Galicia
Laboratorio do Territorio (LaboraTe)

OBXECTIVO

O propósito deste proxecto foi a cuantificación do impacto que a cría intensiva de camarón tivo nos últimos vinte anos no Golfo de Fonseca (Honduras), hábitat de numerosas especies de flora e de fauna protexidas.

METODOLOXÍA

Buscouse determinar e localizar os cambios na área de manglares, marismas e humedais desta zona entre os anos 1986 e 2011 mediante ferramentas SIX e de teledetección. Isto levouse a cabo a través dunha "clasificación non supervisada" de imaxes satélite tomadas ó longo do período de estudio. De cada imaxe derivouse una capa coa distribución de coberturas e usos do solo. A continuación mediante álxebra de mapas e cálculo de áreas delimitáronse as zonas nas que houbo cambio de usos e determináronse os hábitats máis afectados polo avance da industria camaroneira.
Para o traballo empregáronse imaxes do sensor Thematic Mapper do satélite LANDSAT 5, combinado coa toma de datos en campo de usos e coberturas. Estes datos de campo foron a base para la determinación de áreas de entrenamento empregadas polo algoritmo de clasificación.

Software empregado: GIS-GRASS, QGIS (Quantum GIS)

RESULTADOS

Cartografía que amosa a evolución dos usos do solo para ese período tempo e que permite determinar en qué proporción y sobre qué hábitats se extendeu maiormente a práctica da acuicultura no Golfo de Fonseca.

Estimación do impacto ecolóxico da cría de camarón sobre as áreas protexidas ou de alto valor ecolóxico

PUBLICACIÓNS


Juela Sivisaca, O., Corbelle Rico, E., Cordero Souto, M.; 2013; "Estudio multitemporal de la superficie ocupada para la cría de camarón en el Golfo de Fonseca, Honduras" (pp. 149 - 162); Santiago de Compostela, España; Territorios a Examen II: Interpretando los Procesos de Cambio. Cursos y Congresos de la Universidad de Santiago de Compostela nº 221. ISBN 978-84-15876-10-6

ENLACES DE INTERESE

Resultados e memoria técnica (web Enxeñeiros Sen Fronteiras – Honduras)

Convocatoria do proxecto (web Cooperación Galega)

Artigo UnitedExplanations: El manglar en el golfo de Fonseca: amenazas para un ecosistema clave en la soberanía alimentaria de la zona