Estudo topográfico da Muralla Romana de Lugo mediante tecnoloxía escáner láser (2010)

Imágenes: 
muralla
muralla
muralla
muralla
muralla
muralla
muralla
muralla
muralla

ENTIDADES COLABORADORAS:

Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo
Ministerio de Cultura

OBXECTIVO

Trátase da primeira medición completa e a escala da Muralla da Lugo da que, ata o ano 2010, solo existían rexistros parciais ou sen xeorreferenciar.

METODOLOXÍA

Foi necesario máis de un ano de medicións con láser escáner terrestre para obter esta primeira réplica en tres dimensións, a escala e en alta resolución deste monumento declarado Patrimonio da Humanidade. Con máis de 100 millóns de puntos medidos a unha distancia media de 3cm, o modelo inclúe os tres paramentos (muro interior, exterior e adarve), accesos modernos e escaleiras primitivas e facilita a localización e dimensionamento de elementos singulares como aspilleras, aras ou piares incrustados nos muros. Para evitar interferencias do tráfico, as medicións

do paramento exterior fixéronse en horario nocturno. Foron precisos un total de 175 posicións do equipo para rexistrar os máis de 7km de muros da Muralla.

Software empregado: Trimble Realworks, ArcGIS, Trimble Geomatics Office, Meshlab

RESULTADOS

Os datos recollidos constitúen unha base de datos única e da que se sigue sacando proveito. Un bo exemplo da súa versatilidade é o estudo de deformacións da

Porta Miñá realizados por Alicia Cañizares no ano 2011 ou o proxecto Muralla Dixital, onde estes datos axudan a reconstruir o pasado da vila de Lugo e do seu monumento máis emblemático.

Previo a este traballo, o SIT realizou outro levantamento topográfico mediante topografía clásica. Como parte dese levantamento estableceuse unha rede de bases GPS na muralla que serviu para xeorreferenciar posteriormente tódolos datos tomados con láser escáner terrestre

Publicacións relacionadas:

  • Guimarey, B., Cordero, M., Miranda, D., Crecente, R.; 2012; "Preserving the Roman Wall of Lugo (Spain) with terrestrial laser scanner"; HERITAGE 2012: 3rd International Conference on Heritage and Sustainable Development
  • Guimarey, B., Cordero, M., Cañizares, A., Trigo, C.; 2011; "Nuevas tecnologías para la puesta en valor del Patrimonio Cultural de la Reserva de la Biosfera Terras do Miño"; Congreso Internacional Las Reservas de la Biosfera como Estrategia Territorial de Sostenibilidad
  • Cañizares, A. 2011. Estudio geométrico de deformaciones con apoyo de la tecnología láser escáner. Aplicación a la Muralla Romana de Lugo, 2011. PFC A. Cañizares. 2º premio na convocatoria nacional de PFC do colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía (COITT).

ENLACES DE INTERÉS:

Primera réplica en tres dimensiones de la muralla romana de Lugo (noticia e vídeos do modelo)