GIS Day 2005

O día 16 de novembro celébrase o Día Mundial dos Sistemas de Información Xeográfica ( www.gisday.com). Todolos usuarios e entidades relacionadas cos SIX están invitados a participar activamente no evento que organizará o SIT, para o cal poden poñerse en contacto por e-mail para unirse ó programa de actividades.

Durante este día reúnense os usuarios, productores, e sumistradores de Sistemas de Información Xeográfica e datos xeográficos, nunha xornada de portas abertas en escolas, universidades, empresas e administración, coa finalidade de divulgar esta ferramenta e fundamentalmente as aplicacións realizadas con esta tecnoloxía. Os usuarios do SIX fan demostracións, presentacións e albergan outros eventos que permiten que a xente vexa e experimente por sí mesma a tecnoloxía SIX, así como os seus beneficios e aplicacións.

E por isto que dende o Sistema de Información Territorial da Universidade de Santiago de Compostela pensamos que sería oportuno celebrar este evento tamén en Galicia. Todolos usuarios e entidades relacionadas cos SIX están invitados a participar activamente na para o cal poden poñerse en contacto por e-mail co SIT.