Máquinas
O SIT dispón dunha serie de equipos para a captura de datos xeográficos. Ditas máquinas empréganse para proxectos propios pero tamén están a disposición de calquera usuario para o seu aluguer.
No vídeo inferior e nesta galería de imaxes pódense visualizar algún dos traballos realizados con estes equipos
Esta é a listaxe completa do equipamento dispoñible:
- Equipamento para topografía clásica:
- Estación Total Trimble 5603
- Sistemas GPS diferenciais subcentimétricos Trimble 5700 e 5800
- Colectores GPS de precisión centimétrica: Trimble GeoExplorer 3000 Series GeoXT Handheld, Trimble GPS Pathfinder Pocket
- Equipamento para topografía avanzada:
- Xeoradar MALA ProEx con antenas apantalladas de 250, 500 e 800 Mhz e RTA sin apantallar 100 Mhz
- Microdrone md4-200 equipado con cámara PENTAX Optio A40
- Láser escáner terrestre Trimble GX 3D scanner
- Outro equipamento:
- Expectroradiómetro FieldSpec UV/VNIR HandHeld
- Cámaras fotográficas Nikon D70 e RICOH Caplio 500SE
Os equipos para topografía avanzada son sen dúbida as máquinas máis demandadas e empregadas tanto para investigación como na elaboración de proxectos propios e para terceiros. No apartado de INFORMACIÓN > PROXECTOS existe unha mostra dos traballos máis representativos do SIT levados a cabo nos últimos anos.