Modelización tridimensional da Fortaleza de Pambre (Palas de Rei): Medición avanzada con fotogrametría e topografía clásica (2014)

Imágenes: 
pambre
pambre
pambre
pambre
pambre
pambre
pambre
pambre
pambre

ENTIDADES COLABORADORAS

S.A. de Obras y Servicios (COPASA)
Mario Crecente e Asociados Consultores S.L.P

OBXECTIVO

O SIT foi contratado neste caso para toma de datos xeográficos e que se levou a cabo segundo as indicacións do equipo dirixido por Mario Crecente. O principal obxectivo foi a xeración dun modelo tridimensional do castelo de Pambre para a planificación das obras de rehabilitación, excavacións arqueolóxicas e estudo da fortaleza.

METODOLOXÍA

Dada a embergadura da medición, a relevancia do conxunto e o estado do castelo antes das obras, obtouse por un voo con drone para xerar o modelo 3D, complementado coa toma de datos puntuais con láser escáner e topografía clásica (GPS e estación total). Coas fotos obtidas polo drone, mediante técnicas de fotogrametría clásica creouse un modelo fotorealístico en 3D do castelo e a súa contorna máis próxima.
As mesmas fotos tomadas co drone permitiron tamén o estudo e avaliación ex-ante de áreas innaccesibles como as cubertas das torres ou certos paramentos, onde o mal estado dos mesmos desaconsellaron o emprego de andamiaxes para a súa exploración.
Xa durante a execución das obras fíxose unha nova toma de datos, esta vez con láser escáner para seguimento e rexistro das obras de rehabilitación e evolución das excavacións arqueolóxicas.

Software empregado: Trimble Realworks, Trimble Geomatics Office, Topcon ImageMaster, Meshlab

RESULTADOS

Modelo 3D texturizado e a escala de toda a fortaleza antes da rehabilitación. Inclúe a Torre da Homenaxe, primeiro recinto, muralla defensiva, patio de armas, construcións anexas e muros perimetrais.
Ortofotos e planimetrías en diversos formatos SIX e CAD
Modelos 3D e productos CAD derivados de medicións con láser para o planeamento de novas dotacións e infraestruturas (pasarelas, accesos a torres, etc).

As propias fotografías tomadas co drone constitúen de por sí tamén un documento gráfico único de gran valor, tanto pola súa beleza como pola valiosa información que aportaron sobre aspectos descoñecidos ou ignorados deste enclave patrimonial.

ENLACES DE INTERESE

Un drone mide o Castelo de Pambre (La Voz de Galicia)
Lectura de paramentos do Castelo de Pambre (Crecente Asociados)