Orixe

O proxecto xurde da proposta presentada polo profesor Rafael Crecente no ano 2002 a través da solicitude dunha axuda no "Programa Operativo FEDER-FSE Investigación, Desarrollo e Innovación de Objetivo 1, 2000-2006. Eje 2: Sociedad del conocimiento". Esta proposta engadía á creación dun centro especializado (dotación dun laboratorio con equipos de SIX) a compra dunha licencia CAMPUS de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) que nese momento se estaba avaliando por parte dos servizos informáticos debido o seu alto custo.
A axuda é aprobada pola Secretaría de Estado de Política Científica y Tecnológica ( texto da resolución [PDF 16,7 Kb]) para o periodo 2003-2004. Durante ese periodo o equipo do Laboratorio do Territorio prepara instalación do SIT:

Compra de licenzas CAMPUS dos principais paquetes comerciais de aplicacións informáticas do sector
Concursos para distintos equipamentos de servidores e equipos de medida
Cesión de espazo para os equipos e instalacións (na proposta inicial o SIT ubícase no novo edificio de investigación do Campus de Lugo, pero este aínda está en construcción)
Configuración e posta en marcha dos servidores de licenzas
Comezo da prestación de servizos e realización de primeiros traballos e probas

En setembro do 2004, péchase o periodo de execución do presuposto [PDF 47,7 Kb], cas compras realizadas e o servizo xa funcionando aínda que segue a recepción e instalación dos equipos máis complexos (servidores, GPS, Estacións Totais, etc).

Para garantir unha prestación do servicio, continuada e xeral a toda a comunidade da USC (dunha forma uniforme e integrada co resto de mecanismos de apoio a investigación), créase unha unidade da RIAIDT que acolle o SIT como plataforma tecnolóxica, aprobándose en consello [PDF 178,7 Kb] de goberno da USC o 29 de Setembro do 2004, se ben a unidade non se presenta oficialmente ata o 22 de Decembro do 2004. Presentacion_SIT_web.pdf [PDF 180 Kb]

Xustificación
Necesidades e aproximacións anteriores por parte de distintas áreas da USC (TIC, RIAIDT, grupo de investigación do Laboratorio do Territorio, etc.) para obtención dunha licencia Campus de SIX deron lugar a un informe sobre a súa necesidade do que se reproducen seguidamente as principais ideas.

A USC conta con multitude de licencias de distintos provedores de sistemas de información xeográficas (SIX), que poden estimarse nunha primeira aproximación, próximas ó centenar, das que boa parte delas non están actualizadas nin están baixo mantemento; en ocasións incluso a desactualización chega a que non poidan instalarse baixo os actuais sistemas operativos.
Dase a paradoxa de que a actualización das licencias existentes (sen contar cas novas demandas de uso) a versións actuais podería supor un custe maior para a USC en conxunto que a compra dun SITE CAMPUS (licencia conxunta para toda a universidade).
Tampouco se conta co soporte técnico necesario para que os usuarios teñan a axuda necesaria para solventar dúbidas operativas que poden xurdir ó enfrontarse a estes sistemas.
Doutra parte é cada vez maior a necesidade que os departamentos e áreas teñen de este tipo de tecnoloxía de tratamento e emprego de información xeográfica, e incluso sería desexable plantexar dispor de licencias corporativas que serviran para que os alumnos poidan experimentar e traballar coas mesmas (Aulas de Informática, ...).
Tamén é axeitado resaltar que non todas as áreas ou grupos dispoñen das mesmas necesidades de funcionalidades, productos ou licencias, polo que unha licencia corporativa tipo Site License pode resolver mellor a situación.
Barallanse dúas propostas de licencias SITE CAMPUS, pertencentes os dous maioritarios productores deste tipo de software, ESRI (ArcGIS ou ArcView) e INTERGRAPH (Geomedia).

Ámbalas dúas ofertas levan aparelladas a formación de tres membros da USC para asistencia e xestión das licencias (No caso de Intergraph poderían ser necesarios menos recursos xa que é mais orientado a profesores e departamentos). Trataríase de expertos en SIX.

-->

Xa no citado informe se facía referencia a grande vantaxa que suporía a integración deste servizo no SIT, se era concedido o proxecto FEDER-FSE, pois permitiría integrar os servicios de mantemento de licencias e asistencia os usuarios nun entorno de experiencia e traballo continuo con estes sistemas. Ademáis de dispoñer do material axeitado para a obtención do máximo rendemento dos programas máis complexos.

Por outra banda o sinalado para a dotación de programas se pode facer extensivo para hardware de forma que a obtención cada vez de mellores equipos para manexar os programas non sexa un lastre para os grupos de investigación. A existencia dun servizo central de tecnoloxía punteira permite que estes grupos poidan optar a proxectos máis importantes, o dispor de material de gran calidade e incluso de persoal especializado, sen ter que desgastarse en cada novo proxecto no proceso de compra de equipamento, adestramento do persoal e adquisición de metodoloxía de manexo.