Programas
Os programas do SIT só son accesibles dende ordenadores rexistrados no DNS da USC, dende máquinas que non pertenzan na rede da USC (ou non estén ben rexistradas) este directorio de descarga non é accesible.
Algúns dos programas teñen un custo de adquisición, consultalo apartado de tarifas para ver os prezos.
A descarga dos programas faise por FTP (File Transfer Protocol), en modo seguro, é necesario un cliente FTP para realizala. En caso de non ter un cliente FTP instalado no equipo, recomendase o programa Filezilla, que é gratuito e libre.
Para instruccións concretas de como realizar a descarga escribir a situsc@usc.es
Una vez realizada a descarga os códigos ou o modo de conexión o servidor da licenza se envia ó correo do usuario.
------------------------------
Advertencia legal:
A Universidade de Santiago de Compostela, coa vontade de promove-lo uso
de software legal na mesma, está a establecer acordos con diversos
fabricantes para a adquisición, por parte dos seus membros, de software
a prezos máis baixos cós do mercado. O SIT encárgase da recepción e
distribución de dito software, no que atinxe a productos relacionados co
campo SIX e que necesitan un soporte especial.
Salvo que, expresamente, se indique o contrario, estes productos só se
poden instalar en ordenadores dentro da Universidade de Santiago de
Compostela. É responsabilidade do usuario o mal uso que poida facer
deste software, así como non distribución dos códigos de rexistro fora
da USC.
------------------------------