GIS Day 2009 e presentacion de novos equipos e servizos
Este ano o día 18 de Novembro, o SIT xunto con moitas outras institucións no mundo (http://www.gisday.com), celebra o día dos Sistemas de Información Xeográfica. Dende a súa creación o SIT ven aproveitando este evento a nivel mundial para dar a coñecer esta tecnoloxía e as posibilidades de uso que nesta unidade existen.
Cada ano o SIT permanece aberto a todos aqueles que queiran achegarse a ver as súas instalacións. Os técnicos explicaran o funcionamento das principais unidades e o seu traballo diario ós visitantes.