O SIT celebra o GIS DAY 2014

O SIT súmase un ano máis á celebración do GIS DAY, ou Día dos Sistemas de
Información Xeográfica (SIX). É un evento internacional cargado de actividades relacionadas coa información
xeográfica e os SIX repartidas por todo o mundo. O
obxectivo é que te acerques e coñezas máis sobre a trascendencia dos datos xeoespaciais e como os SIX permiten
sacarlles o máximo partido.

O GIS DAY é unha iniativa da National Geographic
Society
.

Ó igual que en edicións anteriores, volvemos facerte partícipes das actividades conmemorativas, que comezamos xa
este mércores 12 de noviembre con sendas charlas no concello de Pontedeume sobre href="http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_11/noticia_0062.html">A paisaxe e as tecnoloxías que axudan a
descubrila e coidala", no marco do ciclo A conservación da natureza, tarefa común.

De novo este mércores día 19 continuaremos cunha unha xornada internacional de divulgación con diversas
actividades presenciais en Lugo, algunhas das cales serán retransmitidas ademáis en directo a Ecuador, onde
conectaremos, a través da plataforma de videoconferencias do SIT, cos eventos do GIS DAY que se
celebran en varias das súas universidades.

Este é un avance dos actos previstos. En breve actualizaremos a información cos horarios e inscripcións. Consulta horarios e inscripción no
programa
.

• Un taller práctico presencial de tratamento de datos xeográficos en Lugo, aberto a todos. Será necesaria
inscripción previa.

• Conferencia sobre a plataforma do SIT: misión, obxectivos e servizos.

• Conferencia sobre aplicacións prácticas dos SIX e de técnicas complementarias de captura de datos (láser escáner
terrestre, drones, xeorradar..).

A plataforma de cursos telepresenciais do SIT da cabida ós seminarios do proxecto internacional ECUIDTi.

A semana pasada empezaron a impartirse os seminarios e cursos do proxecto Ecuador, Territorio Inteligente:
Consolidación de I+D+T+i en OT y TIG (ECUIDTi) a través da plataforma
de videconferencias e cursos telepresenciais do SIT. Esta nova plataforma está dando cabida non só os cursos do
SIT, senón tamén á docencia do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do
Territorio
, no que, ó igual que en ECUIDTi, se combinan alumnos presenciais na aula con alumnos virtuais.

Os seminarios finalizarán o 5 de decembro e contarán tamén coa participación dos técnicos do SIT en algunhas das
súas actividades.

ECUIDTi é un proxecto de Cooperación Universitaria financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, no
que participan o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da USC, o Cartolab da
Universiade de A Coruña e a Universidad del Azuay (UDA) de Ecuador, coma
coordinador da rede RIGTIG (que agrupa a varias universidades e institucións ecuatorianas). O seu obxectivo é
contribuír ó desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador en materia de Ordenación do Territorio e
Tecnoloxías da información Xeoespacial.

O SIT emprega a aplicación de código libre BigBlueButton para as sesións
telepresenciais, que reúne nunha mesma plataforma vídeo, son, chat e encerado (pizarra) virtual. Ademais ten
capacidade para compartir escritorio, polo que os alumnos poden visualizar tamén a execución de programas ou
tarefas realizadas polo poñente no seu propio equipo.

Polo tanto este formato de e-learning reúne nun mesmo sistema as vantaxes e flexibilidade da formación a
distancia, sen necesidade de desprazamento físico á aula, coas sinerxias propias de un formato presencial. Isto sen
dúbida favorece a transferencia de coñecemento en ECUIDTi entre tódolos axentes con intereses no proxecto, dando
cabida tamén a aqueles poñentes ou alumnos que non poden acudir á aula.

Tags: