O SIT imparte unha serie de cursos de SIX orientado a incendios forestais para a Xunta de Galicia
Durante o mes de abril o SIT participa en varios de cursos de SIX orientados á prevención e análise de incendios forestais para a administración autonómica.
A acción formativa, titulada “Aplicacións de sistemas de información xeográfica - ARCGIS”, está organizada en colaboración coa Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural e do Mar. Consta de catro edicións a celebrar en Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago durante o mes de abril e ten unha dotación de 30 prazas por curso.
Orientado a a técnicos de distrito, de servizos provinciais e da mencionada Subdirección, ten como obxectivo dar a coñecer os sistemas de información xeográfica e capacitar ó persoal para a realización de analises espaciais, así como a elaboración de informes e saídas cartográficas no ámbito da prevención e defensa contra os incendios forestais.
Máis información: