Obxeto
Obxeto
Proporcionar apoio científico e tecnolóxico ós investigadores da USC e o resto da sociedade, no que atinxe ó manexo de información relacionada co territorio ou cunha compoñente xeoespacial.
Finalidade
Consolidar un Grupo de Referencia en Sistemas de Información Xeográfica, que poida xerar coñecemento e recursos económicos, proxectando a USC como universidade punteira no manexo de información xeoespacial (SIX e Teledetección)
Facilitar á comunidade universitaria, investigadores, docentes e alumnos, acceso a unhas tecnoloxías e licenzas que cada vez son máis empregadas no desenvolvemento de proxectos nas institucións e empresas e que individualmente son dificilmente accesibles
Crear unha plataforma tecnolóxica para que a USC contribuia á mellor planificación do Territorio en Galicia
Obxetivos
Máis a curto prazo as prioridades para a nova unidade da RAIDIT son as seguintes:
Distribución da tecnoloxía dos productos de SIX e Teledetección máis demandados pola comunidade científica, a través da xestión de licenzas CAMPUS e/ou concurrentes
Proporcionar un marco de infraestructura e apoio técnico os Proxectos de Investigación en marcha e ampliar as capacidades tecnolóxicas para optar a novos proxectos
Concentrar e coordinar os recursos de hardware e soporte de software relacionados para obter o máximo rendemento dos mesmos
Dispoñer das últimas tecnoloxías (tanto programas como equipos) en manexo e producción de información espacial
Adquisición de experiencia e desenrolo de metodoloxías no manexo dos equipos e tecnoloxía dispoñibles
Centralizar e especializar a solicitude, adquisición, distribución e mantemento de información xeográfica e cartográfica da USC