Proxectos
Esta é unha representación da tipoloxía que realiza o SIT e que abarcan unha ampla gama de temáticas, técnicas de captura e análise de información xeográfica así como partenariados e modos de colaboración.
As modalidades de participación do SIT nos proxectos son tamén diversas e van dende a realización de tarefas puntuais (ex. captura de datos xeográficos) ata a totalidade do traballo, abarcando a captura de e análise de datos, publicación, difusión e/ou mantemento (ex. aloxamente web, visores xeográficos, etc..)
Por último, o SIT naceu co obxetivo de dar soporte á USC en todo o relativo á información xeográfica, pero esta misión exténdese tamén ó resto da sociedad o que fai que colabore e desenvolva proxectos con outros departamentos e institucións da USC, de outras universidades, empresas públicas e privadas, ONGs e fundacións diversas entre outros.
-
Análises SIX para o estudo da procedencia e acceso a materias primas en cerámicas arqueolóxicas de Galicia: ( 2012-2015)
-
Modelización tridimensional da Fortaleza de Pambre (Palas de Rei): Medición avanzada con fotogrametría e topografía clásica (2014)
-
Estudo multitemporal da superficie ocupada para a cría de camarón no Golfo de Fonseca (Honduras) (2014)
-
Dixitalización da traza das diferentes variantes do Camiño de Santiago, a partires dos planos do PXOM en PDF(2013)
-
Estudo topográfico da Muralla Romana de Lugo mediante tecnoloxía escáner láser (2010)
Dixitalización dun fondo de 30 fotos aéreas de vilas da provincia de Lugo en acetato negativo (2011)